Libros

4 de maio: novo prazo do Préstamo a Domicilio

Con motivo da declaración do estado de alarma, tódolos puntos de servizo da BUSC pecharon as súas instalacións o 16 de marzo, imposibilitando o préstamo a domicilio de documentos en papel, así como as devolucións.

Para evitar reclamacións e acumular atrasos nas devolucións, a BUSC fixo unha primeira ampliación do prazo de préstamo ata o 31 de marzo, para todas as devolucións que tivesen que realizarse durante o período de peche (do 16 ao 30 de marzo).

Posteriormente, con motivo da prolongación do estado de alarma, volveu a incrementar este prazo, quedando os préstamos anteriores renovados automaticamente, primeiro ata o 16 de abril e agora ata o 4 de maio.

En función de como evolucione a situación, este prazo é revisable e podería prolongarse.

Por outra banda, o 31 de marzo cancelouse a opción de facer reservas dos documentos que actualmente están en préstamo por parte doutros usuarios, principalmente porque non se pode garantir cando poderán ser efectivas, mais tamén porque estas reservas xeran conflitos coas renovacións automáticas que están a ter que realizarse desde a Biblioteca.

As reservas feitas co anterioridade, continúan vixentes, aínda que non se poderán recoller ata que a Biblioteca abra de novo. Se xa non estades interesados nos materiais que tiñades reservados, podedes cancelar a reserva a través de A miña conta

Continuaremos informando nesta páxina.

COMPARTIR

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on pinterest
Share on whatsapp
Share on print