Biblioteca Intercentros

A Biblioteca Intercentros incorpórase ao servizo de préstamo mediante cita previa

A partir do mércores 3 de xuño, a Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo incorpórase ao servizo de préstamo mediante cita previa.

Dende hoxe mesmo, luns 1 de xuño, a papeleta electrónica xa permite escoller como lugar de recollida e/ou devolución a Biblioteca Intercentros. Tamén os seus fondos están xa dispoñibles para o préstamo, xa sexa para recollelos alí mesmo ou na Biblioteca Xeral.

Antes de cubrir a papeleta electrónica, por favor, lea a Guía de préstamo mediante cita previa para coñecer as condicións do servizo. Dende a guía poderá acceder á papeleta electrónica.

COMPARTIR

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on pinterest
Share on whatsapp
Share on print