Peche das salas de lectura nas bibliotecas da USC

A partir do 27 de xaneiro e ata o 17 de febreiro as salas de lectura das bibliotecas da USC permanecerán pechadas.

Share on facebook
Share on twitter
Share on whatsapp
Sala Lectura ETSE

As salas de lectura dos diferentes puntos de servizo da Biblioteca Universitaria permanecerán pechadas dende hoxe, 27 de xaneiro, ata o día 17 de febreiro, ao abeiro das novas medidas preventivas tomadas pola Xunta de Galicia  (ORDE do 26 de xaneiro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia).

Á espera da Resolución Reitoral correspondente, a Biblioteca informará o antes posible sobre os servizos que estea en disposición de prestar.