INGeBOOK

IngeBook é unha plataforma de acceso e lectura dixital de libros de texto e manuais universitarios a texto completo en español de diversas materias. Con funcionalidades de interactividade e colaboración, a plataforma permite crear e compartir notas, subliñar, tachar e crear citas no texto dos libros. Estas opcións só están dispoñibles para usuarios rexistrados en INGeBOOK. 

PhysioEx 9.0

PhysioEx 9.0 consta de 12 exercicios que conteñen 63 actividades de laboratorio de fisioloxía. PhysioEx permítelle repetilos coa frecuencia que queira, realizar experimentos sen danar animais vivos e levar a cabo experimentos difíciles de realizar nun ambiente húmido de laboratorio por problemas de tempo, custos ou seguridade

Elsevier eLibrary

Plataforma en liña deseñada para facilitar o acceso a monografías das ciencias da saúde. Permite a subscrición libro a libro. Subscrita a partir do 1 de outubro de 2020

NNNConsult

Ferramenta orientada a profesores, alumnos e profesionais de enfermaría que permite o uso das taxonomías enfermeiras NANDA, NOC e NIC para a súa consulta e creación de plans de coidados. Subscrita a partir do 1 de outubro de 2020 https://www.nnnconsult.com/

ClinicalKey Student – Elsevier

Plataforma con información da área das ciencias da saúde especialmente dirixida aos estudantes para a súa aprendizaxe. En total suman 150 monografías recomendadas en español, miles de imaxes e máis de 100 vídeos especializados. Inclúe tamén test e autoexames. Subscrita a partir do 1 de outubro de 2020

JSTOR – New Public Health journals

JSTOR pon a disposición da comunidade 26 revistas de Saúde Pública recentemente publicadas en acceso gratuíto ata o 31 de decembro de 2020. Os temas tratados inclúen Epidemioloxía, Política e Administración de Saúde, Saúde Laboral e Ambiental, Equidade de Saúde e Cultura de Saúde, Envellecemento, Bioética e Promoción da Saúde.

SPORTDiscus

A base de datos SPORTDiscus da acceso ao texto completo das revistas mais consultadas no índice SPORTDiscus sen límite de divulgación. Con cobertura dende 1985, abrangue diversas áreas do deporte como: medicina deportiva, leis e lexislación deportiva, traballo con persoas discapacitadas, deseño e administración de instalacións deportivas, educación na saúde, psicoloxía do deporte, recreación ou […]

SciFinder Scholar®

Ferramenta de investigación que permite buscar nas bases de datos de CAS que conteñen literatura de varias disciplinas: ciencias biomedicas, química, enxeñería, ciencias dos materiais, agricultura, etc. A versión móbil non ten restricións por dirección IP.

Science

Novo acceso a través do SIR