SciFinder Scholar®

Ferramenta de investigación que permite buscar nas bases de datos de CAS que conteñen literatura de varias disciplinas: ciencias biomedicas, química, enxeñería, ciencias dos materiais, agricultura, etc. Para acceder é necesario ter un rexistro de usuario en SciFinder.

Science

Novo acceso a través do SIR                              

Greenfile

A base de datos Greenfile é un recurso sobre a investigación de alto nivel sobre o impacto humano no medio natural. É unha colección de documentos académicos, gobernamentais e de interese xeral que inclúen títulos a texto completo sobre os efectos dos individuos no medioambiente, as actuacións de corporacións e gobernos locais ou nacionais, e […]

Encyclopedia of Wildfires and Wildland-Urban Interface (WUI) Fires

Obra de referencia que abarca a estado da cuestión na ciencia dos incendios forestais e dos incendios forestais que se propagan ás comunidades, coñecidos como incendios de interface urbano-forestal (WUI). Inclúe as contribucións de 171 autores, os principais investigadores, expertos, profesionais e académicos, co coñecemento aceptado sobre estes temas en todo o mundo.

Earth, Atmospheric & Aquatic Science

A base de datos Earth, Atmospheric & Aquatic Science, ofrece unha ampla cobertura de investigacións en meteoroloxía, resumos xeoastrofísicos, etcétera, que se suman a cobertura das ciencias relacionadas coas ciencias do mar e da pesca que ten esta base de datos ó integrar na mesma a antiga base de datos Aquatic Fisheries Abstracts. Inclúe: ASFA: […]

Asfa – Aquatic Sciences & Fisheries Abstracts

Base de datos internacional que recolle artigos, monografías, actas de congresos, teses, e literatura gris relacionadas coas ciencias mariñas, acuicultura e oceanografía. Incluída en: Earth, Atmospheric & Aquatic Science Collection

Agris

Sistema internacional de información para as ciencias agrarias e tecnolóxicas. Creado pola FAO, AGRIS cubre amplos aspectos da agricultura, incluíndo silvicultura, agricultura animal, ciencias da auga, industrias pesqueiras e nutrición humana, da produción científica dos países membros. Inclúe material único non publicado, informes técnicos, teses, conferencias, publicacións gobernamentais, etcétera. ​Da acceso ao tesauro Agrovoc.