INGeBOOK

IngeBook é unha plataforma de acceso e lectura dixital de libros de texto e manuais universitarios a texto completo en español de diversas materias. Con funcionalidades de interactividade e colaboración, a plataforma permite crear e compartir notas, subliñar, tachar e crear citas no texto dos libros. Estas opcións só están dispoñibles para usuarios rexistrados en INGeBOOK. 

PhysioEx 9.0

PhysioEx 9.0 consta de 12 exercicios que conteñen 63 actividades de laboratorio de fisioloxía. PhysioEx permítelle repetilos coa frecuencia que queira, realizar experimentos sen danar animais vivos e levar a cabo experimentos difíciles de realizar nun ambiente húmido de laboratorio por problemas de tempo, custos ou seguridade

Zentralblatt Math

Zentralblatt Math é unha base de datos de abstracts e revisións de publicacións científicas en matemáticas puras e aplicadas. As entradas están clasificadas de acordo ao Mathematics Subject Classification Scheme. A base de datos inclúe as seguintes áreas: Matemáticas puras (alxebra, lóxica, topoloxía, xeometría, análese) , probabilidade, estatística, física matemática, mecánica clásica, mecánica de fluídos, […]

SciFinder Scholar®

Ferramenta de investigación que permite buscar nas bases de datos de CAS que conteñen literatura de varias disciplinas: ciencias biomedicas, química, enxeñería, ciencias dos materiais, agricultura, etc. Para acceder é necesario ter un rexistro de usuario en SciFinder.

Science

Novo acceso a través do SIR                              

PubMed Central®

Revistas, a texto completo e acceso libre, das áreas de biomedicina e ciencias da vida dos U.S. National Institutes of Health’s National Library of Medicine (NIH/NLM).

MathSciNet

Base de datos da American Mathematical Society que proporciona información de artigos e libros que conteñen contribucións á inverstigación matemática e as súas aplicacións en campos relacionados: estatística, ciencias da computación e investigación operativa

BioMed Central

BioMed Central es un editor STM (Science, Technology and Medicine) de 272 revistas revisadas por pares en open access, que abranguen títulos das áreas da bioloxía, biomedicina e medicina.