VitalSource Bookshelf

Plataforma que da acceso a libros electrónicos de distintas temáticas. Permite a consulta en liña e offline de libros de texto de diversas editoriais académicas. Require de rexistro a primeira vez que se accede.

INGeBOOK

IngeBook é unha plataforma de acceso e lectura dixital de libros de texto e manuais universitarios a texto completo en español de diversas materias. Con funcionalidades de interactividade e colaboración, a plataforma permite crear e compartir notas, subliñar, tachar e crear citas no texto dos libros. Estas opcións só están dispoñibles para usuarios rexistrados en INGeBOOK. 

Oxford English Dictionary

Considerado o máis erudito e completo dicionario da lingua inglesa, así como o principal punto de referencia para o seu estudo etimolóxico

Elsevier Textbooks

ELSEVIER, decidiu abrir o acceso aos seus manuais (Textbooks) incluídos na plataforma Science Direct https://www.sciencedirect.com/ para todas as institucións, de momento, durante 3 meses (30 xuño 2020). O acceso para os membros da USC é a través do EZproxy da BUSC (pediráselles usuario e password da USC ao facer click no título do manual). Os […]

Dialnet – USC

Dialnet ofrece unha páxina personalizada para as institucións colaboradoras, favorecendo así a visibilidade e accesibilidade aos contidos desas institucións. Nela agrúpase nun único lugar toda a produción científica da USC que foi incorporada a Dialnet. Así se nos mostran: O buscador de autor co directorio dos autores da Universidade e as súas obras e coa […]

WOS – Web of Science

Recolle as principais publicacións de literatura académica nas areas das ciencias, ciencias sociais, artes e humanidades. Inclúe actas de congresos, informes, workshops, etc. e o InCites, Journal Citation Reports e Essential Science Indicators.

World Biographical Information System Online (WBIS)

Base de datos biográfica que proporciona unha información breve de persoas, familias e grupos, de todos os países e rexións, dende o 4º milenio a.C. ata a actualidade. Cada artigo remite as obras de referencia dixitalizadas nos Archivos Biográficos de KG Saur.

Ulrichsweb – Global Serials Directory

Ulrichsweb é a principal fonte de información sobre publicacións periódicas. Contén información detallada de máis de 300.000 publicacións de todo tipo (prensa, revistas, anuarios, publicacións académicas, revistas electrónicas,…) e de todas as areas temáticas. A versión web proporciona enlaces a tablas de contido, resúmes de artígos, e permite localizar onde está indizado un título.