ClinicalKey Student – Elsevier

Plataforma con información da área das ciencias da saúde especialmente dirixida aos estudantes para a súa aprendizaxe. En total suman 150 monografías recomendadas en español, miles de imaxes e máis de 100 vídeos especializados. Inclúe tamén test e autoexames. Subscrita a partir do 1 de outubro de 2020

Conectad@s : La Universidad en Casa

Páxina web habilitada polo Ministerio de Universidades para o apoio da formación en liña. CONECTAD@S Recolle recursos da UOC e a UNED e os seus obxectivos son: Ofrecer un amplo abano de recursos de orientación e formación para o profesorado sobre metodoloxía de formación en liña, útil para o deseño e desenvolvemento de cursos en […]

Communication & Mass Media Complete (CMMC)

Communication & Mass Media Complete (CMMC) ofrece o texto completo, indexación e resumos de revistas que cubren a comunicación, os Mass Media, a lingüística, o discurso, a retórica, a sociolingüística, a teoría da comunicación, a linguaxe, a lóxica, a comunicación organizacional e outros campos  relacionados.

CINAHL

Base de datos da área da enfermería, biomedicina, medicina alternativa, ciencias da saúde e disciplinas afins. Indexa revistas, máis da metade a texto completo, libros, teses, conferencias e material audiovisual. O material textual inclúe casos legais, innovacións clínicas, rexistros de drogas, instrumentos de investigación e ensaios clínicos. Ofrece publicacións da National League for Nursing e […]