INGeBOOK

IngeBook é unha plataforma de acceso e lectura dixital de libros de texto e manuais universitarios a texto completo en español de diversas materias. Con funcionalidades de interactividade e colaboración, a plataforma permite crear e compartir notas, subliñar, tachar e crear citas no texto dos libros. Estas opcións só están dispoñibles para usuarios rexistrados en INGeBOOK. 

Iustel

Base de datos de documentación xurídica española, lexislación (vixente e arquivo histórico), xurisprudencia (tamén comunitaria), información bibliográfica, base de coñecemento xurídico (materiais para o estudo do Dereito), Diario del Derecho, etc. Incorpora ademais outros apartados adicionais: Servicios Xurídicos, Bolsa de Emprego, Guía do Xurista, Foros, Chats… Entrar como usuario colectivo (1 usuario simultáneo). ​Ao rematar […]

ISBN

Base de datos referencial dos libros editados en España dende 1972, ano no que España se uniu ao sistema ISBN. Está xestionada pola Agencia Española do ISBN. Os datos os proporciona o propio editor ao tramitar e remitir á Axencia o impreso de solicitude do ISBN. ​ Contén as referencias das publicacións monográficas editadas en […]

Indices CSIC

O  portal ÍnDICEs-CSIC é a nova plataforma de consulta para acceder aos contidos que antes se presentaban como Bases de datos Bibliográficas do CSIC: ICYT, IME e ISOC. O novo portal  incorpora melloras nas opcions de consulta, como os múltiples filtros sobre os resultados obtidos, e nas opcions de exportación.

IBN: Index Bio-bibliographicus Notorum Hominum

Índice biográfico internacional que baleira mais de 6000 fontes biográficas que recollen personaxes de todas as épocas, ámbitos e nacionalidades. De cada figura se proporciona unha información mínima (datas e lugar de nacemento e morte, e ámbito profesional) e a lista de obras onde aparece a súa biografía. A base de datos in progress substitúe (aínda non […]