MLA International Bibliography

Base de datos bibliográfica da Modern Language Association of América. Contén referencias sobre Literatura, Linguas Modernas, Lingüística e Folklore. Indiza máis de 3.000 publicacións periódicas internacionais así como Monografías, Actas de Congresos, Catálogos, Diccionarios, etc. Proporciona información dende 1981.

Mirabile

Arquivo dixital da cultura latina medieval da Società Internazionale per lo Studo del Medioevo Latino. Permite buscar en revistas : Documenti e studi sulla tradizione filosofica medievale Filologia Mediolatina Hagiographica Iconographica Itineraria Micrologus Stilistica e metrica italiana e en bases de datos: Bd Mediolatino Bd Italiano Bd Agiografico Bd Francese Bd Manoscritti degli autori del […]

Medline

Medline é a base de datos completa da U.S. National Library of Medicine. Contén citas e resumos da literatura biomédica mundial, incluíndo investigación, práctica clínica, administración, política sanitaria e servizos de saúde. Recolle artigos de revistas e capítulos e artigos de libros. ​Contén ademais o Thesaurus MeSH (Medical Subject Headings).

MathSciNet

Base de datos da American Mathematical Society que proporciona información de artigos e libros que conteñen contribucións á inverstigación matemática e as súas aplicacións en campos relacionados: estatística, ciencias da computación e investigación operativa