PhysioEx 9.0

PhysioEx 9.0 consta de 12 exercicios que conteñen 63 actividades de laboratorio de fisioloxía. PhysioEx permítelle repetilos coa frecuencia que queira, realizar experimentos sen danar animais vivos e levar a cabo experimentos difíciles de realizar nun ambiente húmido de laboratorio por problemas de tempo, custos ou seguridade

PubMed Central®

Revistas, a texto completo e acceso libre, das áreas de biomedicina e ciencias da vida dos U.S. National Institutes of Health’s National Library of Medicine (NIH/NLM).

PsycInfo®

PsycInfo® proporciona resumos e citas de artigos de publicacións científicas, capítulos de libros e teses, do ámbito das ciencias do comportamento e da saúde mental. Abarca dende 1800 ata a actualidade. Inclúe importante material para psicólogos e profesionais da psiquiatría, psicoloxía, neurociencia, educación, e traballo social.

ProQuest Dissertations & Theses Global

ProQuest, proporciona referencias bibliográficas e abstracts de teses lidas en máis de 1000 institucións de todo o mundo dende 1861. Cada tese publicada dende xullo de 1980 inclúe un resumo de 350 palabras feito polo autor.

PQ Psychology Database

Recurso a texto completo de Psicoloxía que inclúe ademais de títulos de revistas, working papers, conferencias, vídeos, tablas ou audios entre outros. Ademais de psicoloxía clínica e social, tamén abarca disciplinas relacionadas como xenética, psicoloxía dos negocios, economía, comunicación, criminoloxía, adicción, neuroloxía, benestar social, etc. Ámbito: Ciencias Sociais e Xurídicas

Pilots

Base de datos bibliográfica producida polo National Center for Post-Traumatic Stress Disorder de Vermont que recolle referencias e resumes de publicacións (artigos de revista, libros e literatura gris) sobre trastornos de estrés postraumático (PTSD) e outras secuelas por acontecementos traumáticos.

Patrologia Latina Database

É a versión electrónica a texto completo dos 221 volumes da primeira edición da Patrologiae Cursus Completus, de Jacques-Paul Migne (1844-1855 e 1862-1865). ​Inclúe escritos filosóficos e teolóxicos con material preliminar, textos orixinais, aparato crítico, índices e ilustracións.