Springer Books

Para facilitar o proceso de avaliación de títulos a seleccionar, as universidades do CISUG desfrutaran ata o 15 de decembro de 2021 do acceso a case 39.800 monografías das seguintes coleccións e anos de copyright que se poden atopar na web de Springer seguindo os enlaces: Ciencia da Terra e do Medio Ambiente (entre 2017 […]

SpringerLink

Revistas e libros electrónicos na plataforma SpringerLink

SPORTDiscus

A base de datos SPORTDiscus da acceso ao texto completo das revistas mais consultadas no índice SPORTDiscus sen límite de divulgación. Con cobertura dende 1985, abrangue diversas áreas do deporte como: medicina deportiva, leis e lexislación deportiva, traballo con persoas discapacitadas, deseño e administración de instalacións deportivas, educación na saúde, psicoloxía do deporte, recreación ou […]

Serials Directory

Serials Directory é un directorio editado por EBSCO que proporciona información detallada de títulos de publicacións periódicas, anuarios e series irregulares publicadas en todo o mundo. Inclúe os rexistros MARC de cada publicación e proporciona información sobre que outras bases de datos as indizan, os cambios de título, prezo, enderezo do editor, etc.

SCOPUS

Base de datos de Elsevier, accesible vía web que proporciona unha visión xeral da produción mundial de investigación nos campos da Ciencia, a Tecnoloxía, a Medicina, as Ciencias Sociais, as Artes e as Humanidades. Ofrece entre outras, referencias bibliográficas e citas de artigos de revistas científicas, patentes, páxinas web científicas…

SciFinder Scholar®

Ferramenta de investigación que permite buscar nas bases de datos de CAS que conteñen literatura de varias disciplinas: ciencias biomedicas, química, enxeñería, ciencias dos materiais, agricultura, etc. Para acceder é necesario ter un rexistro de usuario en SciFinder.

ScienceDirect

Portal de revistas e libros electrónicos de Elsevier. Inclúe: revistas, series, libros, manuais e obras de referencia.

Science

Novo acceso a través do SIR