Tirant Biblioteca Virtual

A Biblioteca Virtual Tirant é unha plataforma dixital desde a que se pode acceder a todos libros publicados pola editorial Tirant lo Blanch en formato electrónico. É unha biblioteca en continua actualización, á que se incorporan automaticamente todas as novidades que se van producindo, un produto que recolle as mellores obras de Ciencia Xurídica e […]

TRC – Teacher Reference Center

Contén índices e resumos de revistas, xornais e monografías na área da docencia. Abarca temas como avaliación, educación continua, investigación pedagóxica, desenvolvemento do currículum ou Métodos para a Ensinanza.

Tirant Online

Tirant Online é a base de datos xurídica da Editorial Tirant. ​Contén as normas vixentes do ordenamento xurídico internacional, comunitario, estatal, autonómico e local. Inclúe textos das normas, todos eles vixentes, consolidados e integrados nun só documento; os textos poden visualizarse en texto completo en formato HTML ou RTF. A información actualízase a diario.

Thesaurus Linguae Latinae

Thesaurus Linguae Latinae, considérase o máis extenso diccionario de latín, cubre todos os textos latinos dende o período clásico ata o ano 600. Investigadores de máis de 30 institucions e Sociedades de Investigación de 23 países dan apoio a este traballo da Bayerische Akademie (Thesaurusbüro München).