Letras Galegas 2020

Blog das Letras Galegas 2020 – Ricardo Carvalho Calero

O blog “Letras Galegas 2020” é unha creación da BUSC, a Biblioteca Universitaria da Universidade de Santiago de Compostela, adicado á figura e a obra de Ricardo Carvalho Calero. Como xa fixemos en anos anteriores cos precedentes homenaxeados, o obxectivo deste blog é destacar aspectos concretos da tarefa filolóxica, creativa e humana de don Ricardo Carvalho Calero, vencellado, como ben sabemos, á nosa Universidade.  Interésanos especialmente dar a coñecer os fondos que a BUSC conserva, tanto da súa autoría, como adicados ao estudo da súa longa traxectoria a prol da lingua e cultura de Galicia.

https://letrasga2020.wordpress.com/

COMPARTIR

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on pinterest
Share on whatsapp
Share on print