Cambio no servizo de Préstamo a domicilio

Deixa de funcionar a papeleta electrónica de solicitude de préstamo a domicilio ao habilitarse, de novo, o préstamo a través do Catálogo Iacobus.

 

Share on facebook
Share on twitter
Share on whatsapp
Libros

Hoxe, 22 de xuño, ás 12 da noite, cancélanse as peticións a través do formulario de préstamo (papeleta electrónica). Mañá, a partir das 15:00 horas o préstamo debe solicitarse a través do Catálogo Iacobus exclusivamente. Os puntos de recollida serán as bibliotecas ás que está adscrito o usuario

As últimas peticións feitas a través da papeleta electrónica e correspondentes ao 22 de xuño, serán procesadas antes de habilitar as solicitudes a través do catálogo e recibirán o mesmo tratamento que estas últimas. É dicir, o punto de recollida corresponderá á biblioteca de adscrición do usuario.

Os usuarios recibirán un aviso de recollida de reserva no que se indica que as obras solicitadas deben retirarse nun prazo de 48 horas a partir do envío do aviso.

A partir de mañá, 23 de xuño a partir das 15:00 h., poderán consultarse os horarios de apertura para préstamo, nas páxinas das correspondentes bibliotecas.