Páxina de reBUSCa

Cómo acceder aos recursos de forma remota

A BUSC ofrece acceso a gran número de artigos científicos e de libros electrónicos en formato dixital. Tamén ás bases de datos bibliográficas de maior relevo internacional.  Todas estes recursos dixitais están recollidos en ReBUSCa, Recursos electrónicos da BUSC. Podes buscar por tipos de recurso ou por áreas de coñecemento .

Algúns destes recursos están dispoñibles en aberto ou gratuitamente pero outros son de subscricións ou compra da biblioteca e requiren identificación.  

É posible acceder remotamente de varias maneiras, aínda que non todas as opcións están habilitadas para todos os tipos de usuarios e usuarias. Escolle a idónea de acordo ao recurso a consultar ou ao tipo de persoal ao que pertences: 

  • O acceso proxy está dispoñible unicamente para persoal docente e  investigador (PDI) e de administración e servizos (PAS). É o que permite un nivel de funcionalidades máis completo.  Nos videos elaborados polo persoal da Biblioteca, explícase a súa configuración para os diferentes navegadores (en Windows e en Mac). 
  • O Acceso SIR (Servizo de Identidade de RedIris), habilitado para toda a comunidade universitaria. Na guía SIR- Servizo de Identificación de RedIris, elaborada pola Biblioteca Universitaria, explícase o seu funcionamento. Nas listaxes de recursos de ReBUSCa ofrécese información de cales son accesibles e cales non mediante este sistema, así como as lixeiras diferencias na maneira de introducir a identificación.  

Recorda, algúns recursos ofrecen funcionalidades avanzadas se te rexistras de forma individual co correo institucional. Proba a rexistrarte en Science Direct, Scopus, nas bases de datos e produtos da Web of Science (entre eles, o Journal Citation Reports (JCR) ou en Dialnet Plus, versión avanzada de Dialnet.

COMPARTIR

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on pinterest
Share on whatsapp
Share on print