Páxina web habilitada polo Ministerio de Universidades para o apoio de formación en liña.
Recolle recursos da UOC e a UNED e os seus obxectivos son:
- Ofrecer un amplo abano de recursos de orientación e formación para o profesorado sobre metodoloxía de formación en liña, útil para o deseño e desenvolvemento de cursos en liña.
- Poñer á disposición de investigadores, docentes e estudantes un completo repertorio de materiais dixitais e contidos en aberto de distintas áreas de coñecemento.
- Recoller unha serie de conferencias, consellos, materiais de divulgación e atención personalizada para o coidado psicolóxico de quen o requira.