Sala de Investigadores

Consulta Fondo Patrimonial

A Biblioteca Xeral reabre o servizo de consulta en sala do Fondo Patrimonial na Sala de Investigadores, mediante cita previa.

As solicitudes realizaranse a través do correo electrónico sala.investigadores@usc.es, indicando o nome da persoa solicitante, a autoría das obras, o título e as signaturas topográficas.

O acceso está restrinxido á comunidade universitaria.

O horario será de 9:30 – 13:30 e de 16:30 a 20:30, accedendo dende a porta principal de Fonseca. É obrigatorio o uso de luvas e máscaras, e o aforo será reducido en base ás recomendación do Servizo de Prevención de Riscos da USC.

COMPARTIR

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on pinterest
Share on whatsapp
Share on print