Ante a imposibilidade de ofrecer o ciclo de formación presencial de Scopus como en anteriores anos, FECYT xunto con Elsevier, substituíron dita formación por unha serie de xornadas extraordinarias en liña.
15.06.2021-29.06.2021 | 10.00h-14.00h
Ante a imposibilidade de ofrecer o ciclo de formación presencial de Scopus como en anteriores anos, FECYT xunto con Elsevier, substituíron dita formación por unha serie de xornadas extraordinarias en liña.
Programáronse 10 sesións gratuítas de formaciónen liña, dunha hora de duración, que se celebrarán a través da ferramenta GoToWebinar, e poderá seguirse mediante PC, ou co móbil, instalando a app gratuíta de GotoMeeting. Estas sesións repetiranse en distinto horario para poder chegar a todos os usuarios interesados.
Como principal novidade, a formación extraordinaria estrutúrase en 10 cursos distintos e independentes entre si, que revisarán varios aspectos:
As INSCRICIÓNS estarán limitadas a 500 usuarios por sesión. O prazo para inscribirse comeza o vindeiro martes 2 de xuño ás 12 da mañá, onde calquera usuario ou investigador poderá inscribirse nas sesións de formación, a condición de que dispoña dunha conta de correo de dominio institucional.
IMPORTANTE: É necesario conservar o correo de confirmación da inscrición que envía Elsevier, xa que nel indícase a ligazón ao que deben acceder para realizar o curso. A ligazón é única para cada usuario.
Ao finalizar as xornadas, os asistentes deberán cumprimentar unha enquisa de valoración e ao cabo dunhas semanas, seralles remitido un certificado de asistencia.
Fonte: FECYT