Scopus

Formación SCOPUS

Ante a imposibilidade de ofrecer o ciclo de formación presencial de  Scopus como en anteriores anos,  FECYT xunto con  Elsevier, substituíron dita formación por unha serie de xornadas extraordinarias en liña, que terán lugar do  15 ao 26 de xuño.

Programáronse  10 sesións gratuítas de formación en liña, dunha hora de duración, que se celebrarán a través da ferramenta   GoToWebinar , e poderá seguirse mediante PC, ou co móbil, instalando a app gratuíta de  GotoMeeting . Estas sesións repetiranse en distinto horario para poder chegar a todos os usuarios interesados.

Como principal novidade, a formación extraordinaria estrutúrase en  dez cursos distintos e independentes entre si, que revisarán varios aspectos:

  1. Introdución a  Scopus
  2. Scopus: busca por materia
  3. Scopus: perfil de autor e institucións
  4. Scopus: Métricas
  5. Scopus: Cite  Score
  6. Scopus:  sources e comparación de revistas
  7. Scopus: busca avanzada
  8. Scopus: traballando cos resultados
  9. Mais alá de  Scopus: aproveitando os recursos de  Scopus
  10. Scopus: Pregunta & Resposta: onde se resolverán as dúbidas que xurdisen durante as anteriores sesións. Se tes algunha dúbida, podes facerla chegar a  recursoscientificos@fecyt.es   co asunto: Scopus: Pregunta & Resposta.

As  INSCRICIÓNS estarán limitadas a 500 usuarios por sesión. O  prazo para  INSCRIBIRSE  comeza o vindeiro martes 2 de xuño ás 12 da mañá, onde calquera usuario ou investigador poderá inscribirse nas sesións de formación, a condición de que dispoña dunha  conta de correo de dominio institucional.

IMPORTANTE: É necesario conservar o correo de confirmación da inscrición que envía Elsevier, xa que nel indícase a ligazón ao que deben acceder para realizar o curso. A ligazón é única para cada usuario.

Ao finalizar as xornadas, os asistentes deberán cumprimentar unha enquisa de valoración e ao cabo dunhas semanas, seralles remitido un  certificado de asistencia.

Fonte:  FECYT

COMPARTIR

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on pinterest
Share on whatsapp
Share on print