Fotodocumentación

A Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela reabriu o Servizo de subministro de copias dos seus fondos en papel. 

Se vostede é membro da comunidade universitaria de Santiago de Compostela, pode utilizar este servizo para solicitar copias escaneadas de artigos de revistas en papel da BUSC. 

Pode facer as solicitudes accedendo ao formulario na seguinte ligazón.

ACCESO AO FORMULARIO

  1. Pique na ligazón “Acceso ao formulario”
  2. Introduza as súas credenciais da USC
  3. Cubra o formulario que se lle amosará a continuación


Enviaráselle a copia solicitada, á maior brevidade posible, ao seu correo electrónico