Crear un perfil de Google Académico

Google académico é un buscador consolidado. Ademais de indizar unha gran cantidade e variedade de documentos de carácter científico, ofrece outros servizos de interese. Un deles é a recollida das diferentes versións dun documento nun único rexistro e ofrecer as citas recibidas. Outro dos servizos é a creación de perfís de autoría.

Só a través de la creación dun perfil as persoas autoras poden facer un seguimento das citas recibidas e as métricas que Google Académico ofrece. Tendo en conta que Google Académico analiza artigos de revista, teses, libros, capítulos de libros e outros tipos de documentos que non son indizados por outros servizos de citación como Web of Science ou Scopus, é unha fonte nada desdeñable para atopar citas.

Un perfíl de autoría é un sistema de identificación e agrupamento de información mediante o cal aparecen nunha única páxina web:

  • Datos biográficos do autor/a: nome completo e información da súa vinculación institucional.
  • Información da súa área de investigación, expresada en forma de palabras clave e coautores, e afiliación.
  • As súas publicacións .
  • Un informe de citas que presenta unha análise bibliométrica da súa labor investigadora, baseada nas citas recibidas.
Perfil Google

Perfís e identificadores facilitan a identificación das persoas autoras, eliminan ou mitigan a posibilidades de erros na asignación de publicacións e favorecen a xestión da identidade dixital.

Entre os perfís máis completos:

Cando un autor/a ten creado un perfil e o establece como “público”, o seu nome aparece integrado no buscador. Así, ao facer unha busca en Google Académico, o seu nome aparece, de xeito diferenciado, como primeiro resultado da busca.

Perfil Google

Tanto a persoa autora, coma a institución se benefician deste servizo:

Vantaxes para o investigador:
  • O perfil é xestionado totalmente pola persoa autora. Ademais é doado de empregar e de actualizar
  • Permite a compilación de publicacións. Tamén daquelas que non foron indizadas nas fontes máis habituais como Scopus ou Web of Science
  • Aumenta a visibilidade do investigador/a, fortalecendo a súa reputación dixital e promocionando as súas publicacións
  • Facilita a recuperación de citas recibidas e permite establecer alertas de citas
  • Permite xestionar a bibliografía, podendo exportala mediante ficheiros BibText a diferentes xestores bibliográficos, como RefWorks, Mendeley, Zotero, etc. ou incorporalas a perfís como ORCID
Vantaxes para a universidade:
  • Aumenta a visibilidade web da produción científica institucional
  • Mellora o posicionamento en rankings.

Bibliografía:
  • Delgado López‐Cózar, E., Robinson‐García, N., & Torres‐Salinas, D. (2014). The Google Scholar experiment: How to index false papers and manipulate bibliometric indicators. Journal of the Association for Information Science and Technology65(3), 446-454.
  • Google Scholar Citations
  • Google Scholar Citations (2020). Guías de la Biblioteca de la Universidad de Sevilla. Recuperado de https://guiasbus.us.es/humanidadesinvestigacion/scholarcitations
  • Martín-Martín, A., Thelwall, M., Orduna-Malea, E., & López-Cózar, E. D. (2020). Google Scholar, Microsoft Academic, Scopus, Dimensions, Web of Science, and OpenCitations’ COCI: a multidisciplinary comparison of coverage via citations. arXivpreprint arXiv:2004.14329
  • Morcillo, Y. (2017). Da visibilidad a tus publicaciones. Blog Investiga UNED. Recuperado de http://investigauned.uned.es/da-visibilidad-a-tus-publicaciones-con-google-scholar-citations/

É un servizo de balde, no que calquera persoa pode rexistrarse. É preciso ter unha conta de Google e ter polo menos unha publicación indexada en Google Académico.

O procedemento de rexistro ten tres pasos: crear o perfil, engadir artigos e configurar a conta. En calquera momento podes editar e modificar os datos.

  • Empeza por rexistrarte en https://scholar.google.com/schhp?hl=en (no caso de que non teñas xa unha conta de Gmail).
  • Cubre o formulario de rexistro, indicando os datos persoais e tratando de ser preciso na forma do nome (indicando nome e apelido/s, similar a nome normalizado ou firma científica) e afiliación institucional.
  • Indica as áreas de interese. Servirán para buscar outras persoas que traballen no mesmo tema. Utiliza, no posible, termos normalizados.
  • Ofrece outra información sobre ti e o teu traballo. Por exemplo engade a URL dunha páxina persoal, rede social ou unha foto.

É conveniente engadir o número ORCID e outros sitemas de identificación, xa que sempre contribuirán a mellorar a visibilidade web e reputación dixital. Pode indicarse, entre parénteses, seguido do nome.

Configuración das actualizacións

Indica como se farán as actualizacións. Se os teus apelidos son frecuentes e hai posibilidade de homonimia, é importante que desmarques a opción de “Aplicar actualizaciones automáticamente”.

Isto é porque Google, de xeito automático, rastrexa publicacións e engádeas ao teu perfil cando detecta apelidos semellantes ao teu.

Por iso é mellor escoller a opción “Enviarme actualizaciones por correo electrónico para que las revise“.

Vincular coa institución

Ademais de engadir a información da afiliación, é importante vincular o perfil co correo institucional. A finalidade é verificar que somos quen decimos ser. É unha garantía e un exercicio de transparencia para o investigador/a e para a institución.

Publicar o perfil

Finalmente sinala a opción “Hacer público mi perfil“. Só sendo público, o teu perfil será susceptible de ser buscado e contribuirá a rankings e análises da productividade científica.

Para que a información bibliográfica pase a formar parte do perfil dun autor/a compre que esté dispoñible en Google Académico. E decir, é preciso que os artículos ou demáis documentos fosen indizados por Google Académico previamente. É a persoa autora, quen ten que buscalos e reunilos baixo o seu perfil.

O desexable é que ter un perfil completo, actualizado e limpo. A unificación é fundamental para reunificar as métricas. Poden darse varias anomalías: que as publicacións aparezan duplicadas, publicacións nosas asignadas a outra persoas, que se nos asignen publicacións que non son nosas, que ou que non estean dispoñibles en Google Académico. Unha vez amañadas, as métricas aparecerán corrixidas de inmediato.

Ten en conta que eres responsable da información que figura no teu perfil. O uso fraudulento que poidas facer das métricas recollidas, por exemplo engadindo publicacións que non son túas, pode constituir un delito.

A incorporación de rexistros pode facerse tanto no momento de crear a conta, coma posteriormente, sendo conveniente a actualización do perfil cada vez que teñamos unha nova publicación. Por isto último é importante crear alertas e configurar a actualización de modo manual.

Unha vez rexistrado/a podemos recuperar as nosas publicacións:

  • Da lista que Google Académico propón a partir dun nome de autor.
  • Buscando os títulos dos artigos en Google Académico e engadíndoos ao noso perfíl.

Según se engadan artigos, aparecen as funcións “Añadir“, “Combinar“, “Eliminar” e “Exportar“.

Google Académico indiza publicacións procedentes de webs de editores, repositorios, webs de autores, redes sociais como Research Gate, etc. Unha mesma publicación pode ter varias versións que trata de unificar nun mesmo rexistro.

Pode acontecer que unha mesma publicación aparezan en dous rexistros diferentes, cada un deles con un número de citas.

Para unificar os rexistros (e tamén as citas), selecciona os dous rexistros e preme na opción “Combinar

É posible que algúns dos teus artigos non aparezan nunha primeira busca. Poden conter erros no título ou aparecer baixo formas de nome de autor que non esperarías.

Proba varias opcións de busca: por autor (segundo apelido, nome, etc), título, frase do resumo entre paréntese, etc).

Unha vez que os localices, escolle “Engadir“.

É posible editar un rexistro para correxilo ou ampliar unha información escasa. Esto é especialmente interesante se queremos aproveitar esa información para exportar como ficheiro bibliográfico.

Corrixe erros ortográficos, recolle o nome de todos os coautores ou amplía información de numeración (vol, n) no caso de revistas. Observa que cada tipo de material precisa campos bibliográficos diferentes.

Lembra “Gardar” sempre despois de cada corrección.

Se por erro se eliminou un rexistro, é posible recuperalo coa opción “Ver lixo” (“View Trash“) e “Restaurar“.

Son frecuentes os problemas de homonimia, nomes abreviados e cambios na forma de firma ao longo do tempo. Ademáis tanto os buscadores coma as bases de datos bibliográficas, aínda que establecen parámetros estatísticos para diferenciar ás persoas autoras (área temática, cronoloxía, coautores), incurren en erros á hora de escoller a forma preferente do nome.

É fundamental -por ética e por obter métricas reales- limpar o perfil das publicacións que non son nosas.

Para facelo, selecciona os artigos que non son da nosa autoría e escoller “Borrar” no menú de accións

Google académico indiza información procedente de webs públicas que teñen un cariz académico.

Fundamentalmente rastrexa:

  • Redes sociais científicas
  • Repositorios de universidades
  • webs persoais e institucionais

Tendo esto en conta, cantas máis publicacións teñamos nesas webs, é máis probable que aparezan en Google Académico.

A Guía de autoarquivo en Minerva (repositorio da USC), explica como depositar as túas publicacións con garantías legais e permanentes.

Ten en conta que subir o texto completo a redes sociais científicas pode infrinxir regulamentacións relativas á propiedade intelectual. Comproba cando é posible en How can I share it?)

Para acceder á páxina principal do seu perfil, entre a “Mis citas” (Google Scholar Citations)

A URL do seu perfil, pode engadirse á firma de correo institucional. Tamén consignala nas webs doutros identificadores. Así damos unha visión unificada de todos os perfís.

Ademais dunha alerta de tema (ir a “Alertas” e indicar un tema en “Consulta de alerta“) é posible recibir un aviso cando alguén siga o noso perfil ou cando sexamos citados.

Na opción “Seguir”, ofrécense varias opcións:

Para exportar a información bibliográfica das publicacións. Pode facerse a exportación en formato BibTeX, EndNote, RefMan e CSV.

Son diferentes opcións que permiten a importación a programas de xestión da bibliografía.

Tamén son aptos para exportar as referencias a outros identificadores, co conseguinte aforro de tempo.

Consulta a Guia de ORCID para exportar de Google académico a ORCID.

Só a través de la creación dun perfil as persoas autoras poden beneficiarse da información bibliométrica conxunta de todas as súas publicacións. Ademais, as métricas actualízanse automáticamente coa incorporación de cada contido novo.

Google Académico ofrece tres datos relativos á produción dun autor/a, desglosados en dous períodos de tempo (global e últimos 5 anos):

  • Número total de citas recibidas
  • Índice h:  indica que h publicaciones se citaron polo menos h veces.
  • Índice i10: indica as publicacions que foron citadas polo menos 10 veces.

Ofrece, ademais da numérica, unha gráfica na que se visualiza a información de citas obtidas cada ano.

Esta imaxe ten o atributo alt baleiro; o se nome de arquivo é Imagen1.png
Número de citas

Google Académico indexa libros e capítulos de libros, dos que ofrece información do número de citas recibidas.

O número de veces que un libro (ou un capítulo dun libro) foi citado, suma no cómputo total da métrica do perfil, así coma no cálculo doutros indicadores coma o índice h do autor/a.

Calidade editorial

Baseándose nos datos de Google Académico, o Grupo de Investigación EC3Metrics, da Universidade de Granada, publica Publisher Scholar Metrics.

Trátase dun índice bibliométrico que cubre o ámbito das Humanidades e Ciencias Sociais.

Ven a resolver, en parte, a escasa información bibliométrica existente para a produción científica do profesorado do ámbito humanístico en España.

Pretende medir o impacto das editoriais de monografías científicas. Parte da análise de citas dos libros publicados polo profesorado das universidades públicas españolas.

Desglósase en catro áreas. Ofrece información do número de libros máis citados por editorial, o número de citas que reciben os libros máis citados e un índice global que sirve para crear un ranking das 100 editoriais máis citadas.

Reseñas de libros

Como mención adicional á busca de indicios de calidade das publicacións científicas, sinalamos a opción de buscar “reseñas” que ofrece Google books (non Google académico!). Tamén a opción “Referencias a este libro”. Esa información pode atoparse no lateral esquerdo, en “Acerca de este libro”.

Google Scholar Metrics

Ademais da información bibliométrica relativa á autoría, Google Académico ofrece información das revistas que indexa e que analiza. Dase o caso de que é poden ser revistas que non estén en Scopus nin en Web of Science, pero que teñen unha boa visibilidade web e cumplan criterios de calidade.

O servizo “Estatísticas” (Google Scholar Metrics) ofrece a lista das 100 mellores revistas, clasificadas por categorías temáticas. A consulta pode limitarse por lingua e ordenarse polos índices h5 e Mediana h5. O índice h5 é o índice h dos artigos publicados nos últimos 5 anos. O índice h5 Mediana é a media do número de citas dos artigos que conforman o seu índice h5.

Journal Scholar Metrics

Journal Scholar Metrics, proporciona unha clasificación para as áreas de Ciencias Sociais e Humanidades a partir das citas Google Scholar Metrics. Actualízase anualmente. Está clasificado por áreas temáticas e pode filtrarse por países.

Índice H das revistas españolas en Google Scholar Metrics

Do mesmo grupo de traballo, é a publicación do Índice H das revistas españolas en Google Scholar Metrics. A última edición, publicada en 2019, lista por campos científicos as revistas españolas publicadas entre 2014-2018 e indexadas pos Google Académico, comprobando así o grado de cobertura que posee Google Scholar Metrics da literatura científica española.

Crear un perfil de revista en Google Académico

Tamén se pode crear un perfil de revista en Google Académico, indicando o título da revista no campo “Nome” e agregando os diferentes artigos indexados en Google nese perfil.

A visibilidade web que ofrece Google académico atrae a atención de axencias de avaliación internacional, de xeito que incorporan indicadores de productividade, impacto e presenza web no cálculo de rankings de investigadores e universidades.

En España, o Laboratorio de Cibermetría do CSIC, elabora varios rankings baseados nas análises dos perfís públicos do persoal investigador das universidades españolas.

A intención e avaliar tanto o nivel de excelencia dunha universidade coma o seu achegamento á sociedade, o seu empeño a prol do acceso aberto e da transferencia do coñecemento.

  • Ranking Web de Universidades, é o seu ranking máis coñecido. Tamén chamado Webometrics, ten unha periodicidade semestral e analiza tanto datos relacionados co tamaño e tráfico da web. A análise organízase por áreas xeográficas, e ordénase por catro indicadores: presencia, impacto, apertura e excelencia.
  • Ranking de científicos en España, inclúe tamén a investigadores españoles en universidades estranxeiras. Na base da confección do ranking está o compromiso dos investigadores en manter un perfil de autoría público, actualizado e limpo. Ofrece clasificacións por universidade, categoría temática, xénero e idade.
  • Ranking de científicos da USC, é unha publicación derivada da anterior.

Data de publicación: 08/06/2020  |   Última actualización: 08/06/2020  |  URL: https://biblioteca-usc.gal/guia/crear-un-perfil-de-google-academico/

Licenza Creative Commons
Esta obra ten unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional