EZproxy para acceso remoto aos recursos

A Biblioteca Universitaria ofrece o servizo EZproxy para permitir o acceso remoto aos recursos electrónicos subscritos pola BUSC, e os subscritos a través do CISUG, para todos os membros da comunidade universitaria (Alumnado, PDI e PAS).

Os recursos accesibles a través do EZproxy distínguense porque a súa URL comeza por ou contén “ezbusc” e non é necesario levar a cabo ningún tipo de configuración no dispositivo utilizado, sempre que se acceda dende reBUSCa, Pórtico ou o Catálogo Iacobus.

A primeira vez que se preme nun destes enlaces, e ata que se peche ou caduque a sesión, o único que deben facer as persoas usuarias é introducir as súas credencias da USC.

O EZproxy só pode configurarse para os recursos cuxo acceso está limitado por enderezo IP.

Nalgúns casos poden aparecer URLs sen o indicativo do EZproxy pero que si son accesibles a través del.

O exemplo máis claro é o das alertas recibidas por correo electrónico subscritas polas persoas usuarias. As ligazóns aos artigos ou recursos aparecen sen o indicativo:

https://pubs.acs.org/doi/pdf/10.1021/jacs.1c00239

Este recurso (da ACS) ten acceso por EZproxy pero a URL da alerta non ven formatada para utilizalo.

Nestes casos, é posible configurar extensións no navegador utilizado que redirixen automaticamente ao acceso polo EZproxy.

A continuación, explicamos as dispoñibles actualmente:

URL para introducir na configuración da extensión:

https://ezbusc.usc.gal/login?url=$@

URL para introducir na configuración da extensión:

https://ezbusc.usc.gal/login?url=$@

URL para introducir na configuración da extensión:

ezbusc.usc.gal

Data de publicación: 20/04/2021  |   Última actualización: 20/04/2021  |  URL: https://biblioteca-usc.gal/guia/ezproxy-para-acceso-remoto-aos-recursos/

Licenza Creative Commons
Esta obra ten unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional