ORCID (Open Researcher and Contributor ID) é una organización internacional sen ánimo de lucro que ofrece un sistema para crear un código de identificación inequívoca dos investigadores e un espazo onde rexistrar os seus traballos.
A finalidade deste identificador é asegurar a correcta identificación dos investigadores eliminando a posible confusión entre nomes iguais ou parecidos. Permite atribuír correctamente as publicacións aos autores e facilita as buscas e a avaliación da investigación.
O código ORCID, composto de 16 díxitos, exprésase como unha dirección URL única que permite a vinculación con outros sistemas de identificación de autores como ResearcherID, Author ID de Scopus, Dialnet, etc. para intercambiar e/ou importar as referencias de publicacións xa indexadas.
Calquera investigador pode darse de alta en ORCID individualmente de forma rápida e sinxela.
Entre na páxina web de ORCID: http://orcid.org
Na parte superior dereita pode seleccionar o idioma e, no apartado “Para investigadores”, seleccionar a opción para rexistrarse e obter o código identificador.

Cubra os datos que se solicitan no formulario

Unha vez obtido o código vostede poderá editar todos os datos incluídos no seu perfil coa opción:
Só a información marcada como pública será visible para todo o mundo.

O rexistro ORCID inclúe os seguintes datos persoais:
- NOME PUBLICADO
- VARIANTES DO NOME
- PALABRAS CHAVE
- SITIOS WEB
- BIOGRAFÍA
- EDUCACIÓN
- AFILIACIÓN INSTITUCIONAL (EMPLEO)
Debe introducir a forma preferida para a súa firma científica. En relación coa elección da firma normalizada recomendamos a consulta do seu nome no Catálogo de autores galegos na BUSC

Neste apartado pode indicar as diferentes institucións nas que traballa ou traballou. Debe seleccionar no despregable “Universidade de Santiago de Compostela” na forma máis sinxela para favorecer a normalización de todos os rexistros da USC. Engadir despois os datos dos Departamento, Instituto, etc. no lugar axeitado. Pode engadir máis dunha afiliación se estivo vencellado a outros organismos ou institucións


A incorporación de publicacións e traballos científicos pode facerse de forma manual ou de forma automática en caso de que estean incluídos en bases de datos como Scopus ou Web of Science. ORCID tamén permite importar referencias bibliográficas a través de ficheiros BibTex (ficheiros exportados de Google Scholar, Dialnet ou xestores de referencias bibliográficas)
Para permitir a conexión con Scopus é preciso conceder unha autorización.

Unha vez autorizado o acceso realice unha busca polo nome do autor e complete o proceso cos seguintes pasos:

- Seleccione o perfil
- Elixa, dentro das variantes que se atopan en Scopus, o nome preferido para o perfil
- Revise e marque as publicacións que se desexa transferir a ORCID
- Revise os datos do perfil. Se realiza algunha modificación os cambios serán enviados a Scopus para su actualización
- Introduza o seu correo electrónico para enviar o AuthorID de Scopus a ORCID así quedará incluído no apartado “Outras ID” do perfil de ORCID.
- Confirme a lista de publicacións para enviar a ORCID
A lista de publicacións importadas aparecerán de forma inmediata no rexistro de ORCID. Por defecto están configuradas como privadas, para facelas visibles terá que marcalas como públicas coa opción “Todos”. É aconsellable que as obras sexan públicas para conseguir maior visibilidade.



Para permitir a conexión con ResearcherID hai que conceder unha autorización

Unha vez en ResearcherID debe identificarse co seu correo electrónico e contrasinal

Despois de confirmar a conexión entre ResearcherID e ORCID

deberá decidir o tipo de información que desexa intercambiar xa que a transferencia de datos pode facerse nas dúas direccións. A diferencia de Scopus, ResearcherID permite tanto importar como exportar datos:
- Datos do perfil: a firma preferida en ambos sistemas debe ser a mesma
- Publicacións de ResearcherID a ORCID 8
- Publicacións de ORCID a ResearcherID (é imprescindible que as publicacións en ORCID sexan públicas)

Na seguinte pantalla poderá seleccionar as publicacións que desexa enviar a ORCID

Para rematar deberá de novo autorizar o acceso desde ResearcherID a ORCID e o sistema informará sobre o éxito do envío. As referencias das súas publicacións quedan incorporadas ao seu rexistro en ORCID

Unha vez incorporadas as referencias, é posible definir o nivel de privacidade e determinar quen pode visualizar cada un dos rexistros. O aconsellable é que as obras sexan públicas para conseguir maior visibilidade.

Na páxina de Google Scholar acceda á súa conta ou perfil premendo no botón “Mis citas”

Unha vez no seu perfil seleccione o/s artigo/s que desexa exportar e elixa BibTex entre as opcións para exportar que se ofrecen

Despois de gardar no seu PC o ficheiro coa extensión .bib xerado desde Google Scholar deberá iniciar sesión en ORCID e no apartado “Obras” seleccionar a opción Agregar Trabajos-Enlace BibTex

Na pantalla seguinte elixa “Seleccionar archivo”, localice o ficheiro BibTex no seu PC e prema Abrir para envialo ao seu perfil de ORCID

Para finalizar debe gardar cada referencia de forma individual ou todas á vez coa opción “Save all” para incorporalas definitivamente no seu perfil de ORCID

Unha vez incorporadas as referencias, é posible definir o nivel de privacidade e determinar quen pode visualizar cada un dos rexistros. O aconsellable é que as obras sexan públicas para mellorar a visibilidade.

Dende o seu perfil de autor en ORCID, na sección “Obras” seleccione a opción “Buscar y enlazar” do apartado “Agregar Trabajos”

Seleccione CrossRef Metadata Search entre as diferentes bases de datos

Para que a exportación de referencias sexa posible é necesario autorizar a conexión coa base de datos

CrossRef executa unha busca de publicacións en función dos datos que figuran no seu perfil de ORCID (variantes de nome, afiliación institucional) pero é moi posible que os resultados inclúan traballos que non sexan propios. Refine a busca limitando os resultados por disciplina ou por publicación (revistas nas que vostede publicou). Finalmente seleccione o traballo correspondente para que sexa engadido á lista de publicacións en ORCID

Se o artigo xa figura no seu perfil de ORCID (como resultado de importación manual ou procedente doutras bases de datos) CrossRef informará desta circunstancia

Unha vez incorporadas as referencias, é posible definir o nivel de privacidade e determinar quen pode visualizar cada un dos rexistros. O aconsellable é que as obras sexan públicas para mellorar a visibilidade.

Acceda a Dialnet http://dialnet.unirioja.es/ e na pestaña Autores busque o seu nome

Seleccione os artigos que desexa importar e prema en Selección e na opción BibTex para obter un arquivo coas referencias seleccionadas. Se realiza a selección dende un ordenador externo á USC deberá estar rexistrado como usuario de Dialnet

Despois de gardar o ficheiro coa extensión .bib no seu PC deberá iniciar sesión en ORCID e seleccionar a opción Agregar Trabajos-Enlace BibTex

Na pantalla seguinte elixa “Seleccionar archivo”, localice o ficheiro BibTex no seu PC e prema Abrir para envialo ao seu perfil de ORCID

Para finalizar debe gardar cada referencia de forma individual ou todas á vez coa opción “Save all” para incorporalas definitivamente no seu perfil de ORCID

Para asegurarse a súa correcta identificación dixital, inclúa o seu identificador ORCID en calquera fluxo de traballo de investigación:
- nas solicitude de proxectos de investigación e outras convocatorias
- no CV e na firma do correo electrónico
- nas páxinas web persoais, redes sociais ou plataformas de tipo científico
- no envío de traballos para a súa publicación, pósteres científicos, achegas a congresos, etc.
Facelo é moi doado, só temos que seguir os seguintes pasos:
- iniciar sesión no seu rexistro Orcid e facer clic en “Mostrar su ID en otros sitios”
- se queremos inserilo na nosa páxina web, copiamos e pegamos o código html



- se queremos inserilo na firma do correo electrónico, copiamos e pegamos a imaxe que aparece debaixo de preview

Tamén é posible obter unha versión do rexistro Orcid público para imprimila ou gardala, facendo clic en “Print record print view “.


Se desexa que a Biblioteca revise e actualice as publicacións que ten no seu perfil, ou incorpore toda a súa produción científica en ORCID, pode facelo vinculando a súa conta coa da Biblioteca.
A delegación de contas realízana os propios investigadores, é voluntaria e temporal, e non é preciso facilitar o seu contrasinal ORCID á Biblioteca
Como delegar a súa conta á biblioteca
1. Acceda ao portal ORCID (na dirección https://orcid.org/)
2. Entre na súa conta mediante as súas claves de acceso

3. Prema na opción Configuración da conta situada no menú superior

4. Localice a opción chamada Persoas de confianza, entre as opcións de configuración que se lle ofrecen.

5. Utilice o buscador ingresando no cadro de busca a dirección de correo electrónico da persoa de confianza (Consulte a súa Biblioteca)

6. Prema en Agregar, no cadro emerxente, para confirmar a delegación da conta na persoa de confianza

Como suprimir a delegación da súa conta
Unha vez rematado por parte da Biblioteca o traballo de revisión da súa conta ORCID, vostede poderá anular a autorización delegada. Para iso, acceda á súa conta ORCID, prema na opción Configuración da conta situada no menú superior, localice no apartado Persoas de confianza o nome da Biblioteca vinculada e pulse a icona da papeleira.
