PreLo é unha plataforma de préstamo de libros electrónicos mercados ou subscritos pola USC aos seus usuarios.
Prelo dá información dos libros electrónicos dispoñibles é posibilita a súa lectura en liña e/ou a súa obtención en préstamo, sempre previa identificación do usuario a través do Servizo de Identificación Centralizado da USC
A lectura pode realizarse dende calquera tipo de ordenador, tableta, teléfonos intelixentes e dispositivos de pantalla con acceso a Internet. Pode facerse en liña ou sen conexión a Internet (descargando previamente o libro), mediante as aplicación comúns para a lectura de documentos en formato PDF e EPUB.
O sistema de préstamo é semellante ao que se utiliza cos libros impresos nas bibliotecas: o préstamo dun título implica que ese exemplar figurará como prestado e que non poderá prestarse a outro usuario ata que sexa devolto ou finalice o prazo do préstamo.
As condicións do préstamo e lectura son as seguintes:
- 2 libros en préstamo durante 15 días
- 1 renovación sobre cada libro
- 2 reservas sobre libros prestados
- Os libros electrónicos dispoñibles para préstamo poden consultarse en PreLo (http://prelo.usc.es). Tamén poden atoparse no catálogo de libros electrónicos no SFX da BUSC, aínda que o préstamo debe realizarse a través de PreLo.
- A procura pode limitarse por autores, anos, editoriais, etc.
- Existe unha procura avanzada que permite a consulta por varios campos.
- O Id de Adobe é necesario para a lectura sen conexión ou en dispositivos móbiles ou e-readers
- Para obtelo é necesario crear unha conta en Adobe: http://www.adobe.com/es/
AVISO
Teña en conta que ao crear unha conta en Adobe, está proporcionando os seus datos a unha empresa allea á Universidade de Santiago de Compostela, polo que esta non se fai responsable da utilización que Adobe faga deles.
Para consultar a política de privacidade de Adobe, faga clic nesta ligazón
1. Identifíquese en PreLo a través do Servizo de Identificación Centralizado da USC

2. Busque e seleccione os libros que desexe consultar:

3. En cada libro pode consultar o número de exemplares dispoñibles para o préstamo

4. Seleccione o libro electrónico mediante a opción Prestar

5. Escolla a opción LER no menú A SÚA CONTA – EXEMPLARES PRESTADOS


6. O libro ábrese no navegador para a súa lectura en liña.

- O préstamo en PreLo permite a lectura sen conexión aínda que a primeira descarga debe facerse estando conectado a Internet.
- É necesario crear unha conta en Adobe para poder ler os libros co DRM. O DRM é o sistema empregado polos editores para protexer as obras de copias non autorizadas.
- A primeira vez que se desexe ler un libro sen conexión hai que seguir estes pasos:
1. Cree unha conta en Adobe en http://www.adobe.com/es

2. Escolla un programa de lectura que funcione co DRM de Adobe. Para ordenadores recoméndase Adobe Digital Editions
3. Descargue e instale Adobe Digital Editions

—————


4. Configure Adobe Digital Editions coa súa conta de Adobe


5. Escolla a opción DESCARGAR no menú A SÚA CONTA – EXEMPLARES PRESTADOS

6. Descárgase un arquivo coa extensión acsm que hai que abrir con Adobe Digital Editions. O libro inclúese na biblioteca de ADE e xa pode lerse.

Adobe Digital Editions pode ser utilizado para a lectura de calquera libro electrónico protexido co DRM de Adobe, prestados dende PreLo ou dende cualquera outro servizo de préstamo dixital. ADE tamén é útil para para ler libros electrónicos sen DRM.
7. Unha vez descargado o libro na Biblioteca de Adobe, a icona de devolver desaparece da visualización en liña no navegador. A devolución ten que facerse dende a biblioteca de Adobe: seleccionando o libro que precisa devolver antes da data de vencemento e facendo clic co botón esquerdo do rato, aparecerá un menú coa opción de devolver o libro.
- PreLo está deseñado para a súa adaptación ao tamaño das pantallas das tabletas e teléfonos.
- A lectura en liña pode facerse seguindo os mesmos pasos explicados anteriormente.
- A lectura fóra de liña require a descarga de aplicacións específicas e configurar a conta de Adobe.
- Os programas recomendados para a lectura sen conexión dende dispositivos móbiles son Aldiko (Android) e Bluefire Reader (Android, iOS: iPad, Iphone, iTouch).
- O programa recomendado para iPad (iOS 7 ou posterior) é Adobe Digital Editions.
- Se utiliza dispositivos con outros sistemas operativos consulte na súa tenda de aplicacións (apps de lectura compatibles co DRM de Adobe).
- É necesario seguir as indicacións anteriores para a creación dunha conta Adobe ID necesaria para a lectura sen conexión.
- As aplicacións seleccionadas serven para ler libros co DRM de Adobe e para cualquera ebook sen DRM.
1. Escolla o programa que desexe empregar e descárgueo dende Google Play (Android) ou App Store (iOS).
- Descargar Aldiko para Android
- Descargar Bluefire Reader para Android
- Descargar Bluefire Reader para iOS: iPad, iPhone, iTouch
- Descargar Adobe Digital Digitions para iPad

2. Configure a aplicación para conectala coa conta de Adobe ID
2.1. Aldiko: Menú, Acerca de, Ajustes, Adobe DRM, Adobe ID

2.2. Bluefire Reader: Menú, Información, Información general, Adobe Autorizar, ID Adobe

O resto dos pasos son os mesmos que para a lectura sen conexión no ordenador con ADE.
- Siga os mesmos pasos indicados para a lectura sen conexión
- Abra o programa Adobe Digital Editions e conecte o seu dispositivo de lectura de libros electrónicos (e-reader) ao ordenador.
- Adobe Digital Editions recoñecerá o e-reader e poderá gardar nel os libros que desexe ler sen conexión

- Os dispositivos de lectura (e-readers) conéctanse ao ordenador para cargar contidos.
- A copia dos libros prestados dende PreLo debe ser realizada coa aplicación Adobe Digital Editions (ADE) aberta.
- O programa ADE recoñecerá o seu dispositivo (BIBLIOTECA na imaxe) e poderá copiar nel os libros para a súa lectura con ou sen conexión a Internet, informándolle dos días vixentes dos préstamos.
- A copia pode realizarse de forma simple, por exemplo arrastrando o libro electrónico ao cartafol ou dispositivo desexado.
- Ao rematar o prazo de préstamo, o libro continuará no dispositivo coa indicación de que está caducado e no se poderá acceder ao mesmo, polo que é recomendable eliminalo do seu lector de ebooks.