RefWorks – Guía práctica

RefWorks

RefWorks é unha ferramenta que permite xestionar referencias bibliográficas en liña. Entre outras cousas, o usuario pode:

  • Crear unha base de datos persoal para almacenar referencias importadas doutras bases de datos (ScienceDirect, ProQuest, Google Scholar, catálogos de bibliotecas…) ou engadidas manualmente.
  • Clasificar as referencias almacenadas creando carpetas temáticas, por asignatura, proxecto…
  • Dar ás citas almacenadas o formato bibliográfico desexado (MLA, Vancouver, Chicago, APA, personalizado…) e exportalas a un documento de texto.
  • Anotar documentos e compartilos con outros usuarios

RefWorks está dispoñible gratuitamente para toda a comunidade universitaria.

Con esta guía práctica aprenderás a empregar as funcións básicas do xestor de referecias bibliográficas Refworks.

O primeiro que debes facer para comezar a seguir esta guía é acceder a RefWorks co teu correo electrónico e contrasinal.

https://refworks.proquest.com

Se es novo usuario de RefWorks

  • Deberás  darte de alta na nova versión de RefWorks, para elo, accede  a https://refworks.proquest.com , fai clic en crear conta, e introduce o teu enderezo de correo da USC.
  • A continuación recibirás un correo electrónico  de confirmación cun enlace  para completar  a alta na  plataforma.
  • Só os usuarios que  dispoñan dunha conta de correo da USC poderán darse de alta en RefWorks.
RefWorks

Unha vez creada a conta accederemos co noso correo e contrasinal. O acceso será sempre online, non teremos que instalar Refworks no noso ordenador, o que nos permitirá acceder a este xestor bibliográfico dende calquera dispositivo.

En Refworks podemos introducir referencias bibliográficas de diferentes formas:

  1. Procedentes do catálogo da biblioteca.
  2. Procedentes dunha base de datos de acceso libre como pode ser Dialnet.
  3. Procedentes dunha base de datos de acceso restrinxido, como pode ser Web of Science, Scopus…)
  4. Importando directamente un PDF, dun artigo por exemplo, gardado no noso PC. 

Antes de proceder a importar referencias instalade “Save to Refwoks” tal e como se indica no seguinte vídeo.

NOTA: O primeiro que aconsellamos para importar referencias a Refworks é instalar na barra de marcadores do voso navegador unha ferramenta que dispón Refworks chamada “Save to Refworks“. A súa instalación é moi doada, seguide os pasos do vídeo.

A continuación indicaremos os pasos a seguir para cada unha destas opcións.

A continuación indicamos os pasos a seguir para importar referencias dende IACOBUS, o catálogo da BUSC. Este proceso sería o mesmo dentro calquera outro catálogo de bibliotecas.

Busca no catálogo da biblioteca a obra que utilizaches para facer o teu traballo. Visualiza o rexistro da obra e preme en Save to Refworks (previamente instalado) para importar dita referencia a Refworks.

Cando buscamos en Dialnet documentación para elaborar un traballo é importante que a selección de artigos, libros ou calquera outra referencia a importemos nese momento a Refworks, deste xeito, xa gardamos os documentos nun sitio único para posteriormente lelos. Aqueles que finalmente non se vaian empregar para o traballo débense eliminar de Refworks, coa finalidade de que no momento de realizar a Bibliografía final non aparezan reflictidos.

No exemplo que podemos ver no vídeo importamos un capítulo dun libro que se utilizou para facer o traballo. Se vos fixades, neste caso (non sempre ocorre) foi necesario corrixir o tipo de referencia xa que non era un Resumen de conferencia senón unha Sección de libro (que equivale a un capítulo).

Neste caso poñemos un exemplo da importación dunha base de datos suscrita pola USC, da área de Psicoloxía, PsycInfo. En bases de datos de acceso restrinxido aos usuarios dunha institución a exportación da referencia soe estar nun menú de opcións dentro da mesma referencia, como se aprecia no rexistro deste artigo que importamos a Refworks.

Outra das posibles opcións de introducir referencias en Refworks é a importación directa de documentos, sobre todo PDF de artigos ou capítulos de libros que puidemos descargar para ler. No seguinte vídeo realizase un expemplo deste caso, un ficheiro gardado no noso PC dun artigo de revista empregado para realizar o noso traballo.

Refworks ofrece a posibilidade de clasificar as referencias importadas en carpetas ao igual que facemos en Windows cos nosos documentos. Imos, no seguinte vídeo, crear unha carpeta titulada TFG para poder pasar aquí toda a bibliografía consultada e que se tivo en conta para realizar o traballo.

Neste apartado imos ver como crear unha cita, para logo introducila no texto do documento que estamos elaborando. Tede en conta que debemos ter aberto tanto Refworks como o documento onde imos a incluir a cita.

O último paso do teu traballo de investigación, TFG, TFM ou calquera outro vai ser incluir nas páxinas finais do documento a Bibliografía consultada para a realización do mesmo. A continuación amosámosche como elaborala en Refworks. Lembra que para isto debes ter introducido previamente todas as referencias bibliográficas, é dicir, os libros, artigos, etc…, consultados para elaborar o traballo.


Se vostede xa  ten conta en  RefWorks (versión antiga)

  • Pode seguir utilizando esta versión a través de  http://www.refworks.com/refworks, e pode  ter de forma simultánea unha conta no novo RefWorks dándose de alta na nova plataforma.
  • Se abre una nova conta no novo  RefWorks,  poderá  importar toda a información contida nas  súas carpetas a este novo produto


É importante que saiba que:

  • A versión antiga de RefWorks estará dispoñible únicamente ata finais 2018
  • Non hai sincronización entre RefWorks Clásico e o Novo RefWorks: son contas separadas con diferentes accesos.

Para máis información sobre este novo produto ou sobre o proceso de importación pode dirixirse á sua biblioteca ou a bxinfor@usc.es

Data de publicación: 01/06/2017  |   Última actualización: 06/05/2020  |  URL: https://biblioteca-usc.gal/guia/refworks-xestor-de-citas-bibliograficas/