
A Federación de Identidade é unha técnica que permite establecer unha comunicación entre a institución á que pertence o usuario e o provedor dun deteminado recurso electrónico sen necesidade de utilizar un Proxy.
- O usuario accede á páxina web dun provedor de recursos na que debe picar nun enlace que adoita a chamarse “login institucional”, aínda que as veces aparece baixo outros nomes.
- A continuación se lle presenta unha lista de institucións federadas na que debe seleccionar a que lle corresponde.
- O navegador o renvía á páxina da súa institución, na que deberá identificarse coas súas credenciais da USC.
Todos os recursos con acceso a través do SIR están marcados no listado de recursos co logo correspondente.
Para a maioría deles existen videos de axuda para a identificación institucional. Tamén se indica así no listado de recursos