Ulrichsweb – Global Serials Directory

Ulrichsweb é a principal fonte de información sobre publicacións periódicas. Contén información detallada de máis de 300.000 publicacións de todo tipo (prensa, revistas, anuarios, publicacións académicas, revistas electrónicas,…) e de todas as areas temáticas. A versión web proporciona enlaces a tablas de contido, resúmes de artígos, e permite localizar onde está indizado un título.

Serials Directory

Serials Directory é un directorio editado por EBSCO que proporciona información detallada de títulos de publicacións periódicas, anuarios e series irregulares publicadas en todo o mundo. Inclúe os rexistros MARC de cada publicación e proporciona información sobre que outras bases de datos as indizan, os cambios de título, prezo, enderezo do editor, etc.

LISTA Library, Information Science & Technology Abstracts

Base de datos especializada en biblioteconomía, clasificación, catalogación, bibliometría, busca de información, xestión da información, etc. ​Da acceso a máis de 600 revistas, ademais de libros, informes de investigación e actas de congresos dende 1960.

ISBN

Base de datos referencial dos libros editados en España dende 1972, ano no que España se uniu ao sistema ISBN. Está xestionada pola Agencia Española do ISBN. Os datos os proporciona o propio editor ao tramitar e remitir á Axencia o impreso de solicitude do ISBN. ​ Contén as referencias das publicacións monográficas editadas en […]