WOS – Web of Science

Recolle as principais publicacións de literatura académica nas areas das ciencias, ciencias sociais, artes e humanidades. Inclúe actas de congresos, informes, workshops, etc. e o InCites, Journal Citation Reports e Essential Science Indicators.

SCOPUS

Base de datos de Elsevier, accesible vía web que proporciona unha visión xeral da produción mundial de investigación nos campos da Ciencia, a Tecnoloxía, a Medicina, as Ciencias Sociais, as Artes e as Humanidades. Ofrece entre outras, referencias bibliográficas e citas de artigos de revistas científicas, patentes, páxinas web científicas…