Préstamo a domicilio

Os libros prestados renovaranse de xeito automático e indefinidamente ata que as bibliotecas estean abertas e o servizo se restableza con normalidade.

A BUSC avisará de calquera novidade ao respecto. Ata entón, os usuarios non teñen que preocuparse dos prazos de devolución.

Estas renovacións afectan a todos os libros que tiñan que devolverse a partir do período de declaración do estado de alarma.

Por outra banda, suspendeuse a reserva de libros por estar os puntos de servizo das bibliotecas pechados e non ser posible subministrar os libros reservados.

O 31 de marzo cancelouse a opción de facer reservas dos documentos que actualmente están en préstamo por parte doutros usuarios, principalmente porque non se pode garantir cando poderán ser efectivas, mais tamén porque estas reservas xeran conflitos coas renovacións automáticas que están a ter que realizarse desde a Biblioteca.

As reservas feitas co anterioridade, continúan vixentes, aínda que non se poderán recoller ata que a Biblioteca abra de novo.

Lembramos que se pode consultar o estado dos préstamos ou cancelar reservas feitas antes do 31 de marzo, a través de “A miña conta“, previa autenticación.