Proporciona acceso vía web ao texto completo de todas as normas UNE vixentes elaboradas e adoptadas por AENOR:

​Tamén ofrece a referencia das normas anuladas e substituídas aínda que non da acceso ao texto completo.

Termos de uso

A BUSC dispón dunha licenza ilimitada de uso no que se refire ao número de usuarios concorrentes para poder visualizar e consultar as normas desde calquera ordenador da Universidade. Desde o 1 de xaneiro de 2021, grazas ao acordo entre a CRUE e AENOR, os membros da comunidade universitaria tamén poderán descargar as normas nos seus ordenadores sen límite de descargas.

Instrucións de acceso

Cando se entra por primeira vez nesta base de datos aparece unha pantalla cunha mensaxe emerxente. Despregar “Indique o perfil de usuario”, seleccionar “Persoal de universidade”, e marcar “Acepto condicións de uso”.

Este proceso faise unha soa vez desde navegadores como Mozilla ou Explorer, con Google Chrome esta mensaxe aparece sempre que se accede a AENORmás.