Base de datos da área da enfermería, biomedicina, medicina alternativa, ciencias da saúde e disciplinas afins.

Indexa revistas, máis da metade a texto completo, libros, teses, conferencias e material audiovisual. O material textual inclúe casos legais, innovacións clínicas, rexistros de drogas, instrumentos de investigación e ensaios clínicos.

Ofrece publicacións da National League for Nursing e da American Nurses Association, entre os que destacan algúns títulos como AANA Journal, California Hospitals, Gastroenterology Nursing, Maternal and Child Health Journal, Paediatric Nursing, Parents, etc.