Base de datos que resume e indexa a literatura internacional en lingüística e disciplinas relacionadas coa lingua dende 1973 ata a actualidade.

Inclúe todos os aspectos do estudo da lingua: fonética, fonoloxía, morfoloxía, sintaxe e semántica, e campos da lingüística, entre outros, lingüística descritiva, histórica, comparativa, teórica e xeográfica.

Ademais proporciona información de libros, capítulos de libros, teses, críticas de películas, artigos de revista, e citas de críticas de libros.

​Actualízase mensualmente.