SABI é unha base de datos con información sobre empresas e grupos de empresas españolas. Permite as búscas baseadas en diversos criterios como nome, código NIF, localización, actividade, empregados, datos financieiros, etc. Os resultados pódense imprimir  ou exportar como informes en calquera tipo de formato, estándar ou personalizado. Tamén permite a ilustración de balances, estado de resultados; e análisis detallados, estatísticos e/ou comparativos, de empresas ou grupos en función de variables e períodos definidos polo usuario; etc.

IMPORTANTE: SABI permite a descarga de 50.000 rexistros á semana para toda a comunidade universitaria. Por favor, faga un uso responsable