A Biblioteca Virtual Tirant é unha plataforma dixital desde a que se pode acceder a todos libros publicados pola editorial Tirant lo Blanch en formato electrónico. É unha biblioteca en continua actualización, á que se incorporan automaticamente todas as novidades que se van producindo, un produto que recolle as mellores obras de Ciencia Xurídica e Dereito, así como outras canles especializadas en Humanidades e Ciencias Sociais entre outras.

O usuario deste servizo accede a unha biblioteca de máis de cinco mil trescentos títulos totalmente actualizados e en permanente crecemento. Sistemas de procura por títulos, autores, coleccións, materias diversas e completas que se gozan nunha visualización electrónica cómoda e grata.