Recursos

A Biblioteca Virtual Tirant é unha plataforma dixital desde a que se pode acceder a todos libros publicados pola editorial Tirant lo Blanch en formato electrónico. É unha biblioteca en continua actualización, á que se

incorporan automaticamente todas as novidades que se van producindo, un produto que recolle as mellores obras de Ciencia Xurídica e Dereito, así como outras canles especializadas en Humanidades e Ciencias Sociais entre outras.

O usuario deste servizo accede a unha biblioteca de máis de cinco mil trescentos títulos totalmente actualizados e en permanente crecemento. Sistemas de procura por títulos, autores, coleccións, materias diversas e completas que se gozan nunha visualización electrónica cómoda e grata.

      

Unha vez dentro da Biblioteca é necesario crear unha conta persoal para poder ler os libros.

Comprobe que accedeu a través da dirección correcta (dende reBUSCa):

Tirant

Vaia a Inicio – Cuenta personal

Tirant

 

Faga clic en onde se indica para crear unha conta persoal

Tirant

 

 

 

 

IngeBook é unha plataforma de acceso e lectura dixital de libros de texto e manuais universitarios a texto completo en español de diversas materias.

Con funcionalidades de interactividade e colaboración, a plataforma permite crear e compartir notas, subliñar, tachar e crear citas no texto dos libros.

Estas opcións só están dispoñibles para usuarios rexistrados en INGeBOOK. 

 
 

PhysioEx 9.0 consta de 12 exercicios que conteñen 63 actividades de laboratorio de fisioloxía. PhysioEx permítelle repetilos coa frecuencia que queira, realizar experimentos sen danar animais vivos e levar a cabo experimentos difíciles de realizar nun ambiente húmido de laboratorio por problemas de tempo, custos ou seguridade

 
 

Plataforma en liña deseñada para facilitar o acceso a monografías das ciencias da saúde. Permite a subscrición libro a libro.

Subscrita a partir do 1 de outubro de 2020

 
 

Ferramenta orientada a profesores, alumnos e profesionais de enfermaría que permite o uso das taxonomías enfermeiras NANDA, NOC e NIC para a súa consulta e creación de plans de coidados.

Subscrita a partir do 1 de outubro de 2020

https://www.nnnconsult.com/

 
LENDA DAS ICONAS
Ampliar información
Acceso restrinxido á USC
Recurso de acceso aberto
Precisa identificación (Clic na icona, no listado)
Acceso remoto por Proxy (só PDI e PAS)
Acceso remoto por EZproxy BUSC (todos os membros da USC)
 
Cambio temporal nas condicións de acceso (Crise COVID-19)
(Clic na icona, no listado, para coñecelas)

 


Novo recurso
Novo recurso temporal Crise COVID-19

Acceso a través do SIR
Acceso á través do SIR
Video axuda acceso SIR
Acceso á guía – axuda