Recursos

  • Manuais: más de 600 manuais (en inglés) a texto completo.
  • Vídeos: onde se amosa paso a paso solucións a problemas de enxeñería do mundo real.
  • Calculadores Excel descargables: ferramentas de cálculo en Excel para axilizar os cálculos mais comúns.
  • Mapas curriculares: listos para usar polo profesor nos cursos de enxeñería.
  • Ferramentas de busca: diferentes vías para chegar á información.
  • Táboas e gráficos interactivos.
  • Noticias mundiais sobre enxeñería.
  • DataVis: ferramenta interactiva para a visualización de datos sobre as propiedades dos materiais

 

Para acceder ó recurso Access Engineering dende fora do ámbito da USC e sen facelo por medio do proxy, rexístrese na plataforma coas claves: Username: udsdc Password: engineering
 
 

É un recurso integral en liña que ofrece:

  • Textos básicos e referencias de especialidade: máis de 100 títulos
  • Ferramentas de busca e actualización de temas na práctica clínica
  • Videos de exploracións e procedementos médicos frecuentes gravados en situacións reais
  • Información de medicamentos: Vademecum académico de principios activos con indicacións, posoloxía, contraindicacións e reaccións adversas así como leccións de farmacoloxía en soporte multimedia
  • Guías de autoavalicación
  • Calculadoras clínicas
  • Información para pacientes

Para acceder ó recurso Access Medicine dende fora do ámbito da USC e sen facelo por medio do proxy, rexístrese na plataforma coas claves:

Username: univsc

Password: Medicine2019

En: https://accessmedicina.mhmedical.com/

 
 

Revistas da American Chemical Society

 
 
  • Acta Sanctorum é unha colección de documentos que proporciona información sobre as sociedades e culturas da época cristiá e a Europa medieval. Examina a vida dos santos de acordo ao calendario eclesiástico (día conmemorativo de cada santo).
  • Publícase dende hai 300 anos pola Société des Bollandistes
  • Recolle os detalles da vida doméstica e pública dende principios da era cristiá ata o fin do século XVI.
  • ​Proporciona acceso a texto completo a os 68 volumes impresos, incluíndo os números de referencia da Bibliotheca Hagiographica Latina, que usaban os eruditos para identificar os textos haxiográficos.
  • Trátase de edicións críticas, con comentarios nos documentos fonte. Inclúe o Posthuma de Vitae, de Passiones, de Miracula, de Translationes,de Gloria, inscricións, etc.
  • A maior parte dos textos atópanse en latín, aínda que tamén os hai en árabe, copto, etíope, armenio, xeorxiano, eslavo e céltico. A fonte da base de datos é a edición orixinal, publicada en Amberes e Bruxelas.
 
 

Proporciona acceso vía web ao texto completo de todas as normas UNE vixentes elaboradas e adoptadas por AENOR:

  • Normas UNE
  • UNE-EN
  • UNE-ENV
  • UNE-HD
  • UNE-CR
  • UNE-ENISO
  • UNE-EN ISO/IEC
  • UNE-ETS
  • UNE-TBR
  • UNE-ECISS-IC.

​Tamén ofrece a referencia das normas anuladas e substituidas aínda que non da acceso ao texto completo.

AENOR informa que permitirá a descarga (acotada por direccióm IP) das normas técnicas subscritas polas universidades galegas, de forma temporal durante 1 mes revisable se continúa a situación actual.

Na práctica, isto significa que calquera persoa habilitada para usar o servizo proxy (a USC só permite a súa utilización ao  PDI e o PAS) vai poder acceder, visualizar e descargar as normas subscritas.

Para acceder á colección de normas UNE de forma remota:Configure o servizo proxy.

 
 
 

Sistema internacional de información para as ciencias agrarias e tecnolóxicas.

Creado pola FAO, AGRIS cubre amplos aspectos da agricultura, incluíndo silvicultura, agricultura animal, ciencias da auga, industrias pesqueiras e nutrición humana, da produción científica dos países membros. Inclúe material único non publicado, informes técnicos, teses, conferencias, publicacións gobernamentais, etcétera.

​Da acceso ao tesauro Agrovoc.

 
 
   

Alternativa Press Index é unha base de datos de revistas, xornais, e artigos de prensa alternativa de cobertura internacional  e interdisciplinaria. Actualízase trimestralmente.

 
 
   
Annual Reviews     Acceder SIR     

Acceso SIR   Axuda SIR

 

 
 
     

Aranzadi é a base de datos máis completa que existe actualmente en España no ámbito do dereito, incluíndo:

  • Lexislación do Estado dende 1930.
  • Normas máis relevantes e prácticas a texto vixente.
  • Lexislación das Comunidades Autónomas dende o seu inicio.
  • Iniciativas Lexislativas máis interesantes.
  • Xurisprudencia do Tribunal Supremo e do Tribunal Constitucional dende 1979.
  • Xurisprudencia dos Tribunais Superiores de Xustiza, Audiencias Provinciais e Audiencia Nacional: tódalas sentencias – máis de 330.000- a partir do 2001.
  • Sentencias máis interesantes dos Tribunais de Primeira Instancia.
  • Xurisprudencia actual do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos e do Tribunal de Xustiza das Comunidades Europeas.
  • Resolucións da Dirección Xeneral dos Rexistros e do Notariado, Tribunal de Defensa da Competencia, Tribunal conómico-Administrativo Central.
  • Artigos doctrinais e máis de 20.000 referencias bibliográficas incluindo as principais novedades en información xurídica agrupadas por áreas (Civil – Mercantil, Penal, Administrativo, Tributario e Social).
  • Información detallada das actividades e situación económico-financieira de tódalas sociedades españolas. Subvenciones, subastas e concursos. Directorio da Organización Xudicial con datos de localización de tódalas sedes xudiciais españolas.
  • Acceso a tódalas cotizacións bursátiles do mercado continuo, novo mercado e IBEX 35.

ARANZADI (recurso consorciado) eliminou a restricción de dirección IP do proceso de autenticación ata que termine o confinamento para favorecer o acceso dos alumnos dende as súas casas.

http://www.bugalicia.org/recursos/aranzadi/westlaw

Aranzadi ten un límite de usuarios concurrentes: 90 para todo o consorcio (as tres Universidades) polo rogamos moderación na súa utilización

 
 

Base de datos internacional que recolle artigos, monografías, actas de congresos, teses, e literatura gris relacionadas coas ciencias mariñas, acuicultura e oceanografía.

Incluída en:

 
 

O Banco de Datos ASP/JDS é  un repertorio de datos estatísticos, enquisas sobre temas sociolóxicos, informes sobre as sondaxes mensuais da opinión pública española e estudos e investigacións monográficas, avaladas polo seu prestixio e calidade.  Abrangue as seguintes coleccións con cobertura dende 1990:

  • Los Estudios de Valores
  • Colección Inmigrantes
  • Latinobarómetro
  • Sondeo ‘La Opinión Pública de los Españoles’ (ASEP, España)
  • Afrobarómetro
  • CIRES (Centro de Investigaciones de la Realidad Social)
  • Barómetro de Asia Oriental
  • Centro de Estudios de la Realidad Contemporánea (CERC)
  • Estudio Comparado de Sistemas Electorales (CSES)
  • Globalbarómetro
  • Barómetro del Real Instituto Elcano
  • International Social Survey Program (ISSP)

 

 
 

Base de datos que recolle os rexistros bibliográficos dos documentos publicados en España e que ingresan na Biblioteca Nacional, de acordo coas disposicións vixentes de depósito legal. É un instrumento para o control bibliográfico nacional, constitúe o rexistro da produción editorial española e facilita a difusión do patrimonio intelectual e cultural do país para as xeracións presentes e futuras.

 
 

A Biblioteca Cochrane é a tradución ao castelán da Cochrane Library. Contén información sobre ensaios clínicos e medicina baseada na evidencia.

Acceso aberto mentres dure a crise do COVID-19

 
 

Biblioteca de Humanidades Liceus

Biblioteca virtual E-Excellence, proporciona acceso a publicacións e artigos no eido das humanidades.

Unha vez seleccionado o artigo, o usuario pode recibilo no seu correo electrónico.

Para elo, ao finalizar a compra, debe introducir o seu enderezo electrónico, que ten que ser unha extensión da Universidade de Santiago (usc.es) e, na caixa de CUPÓN o código bibliousc2018

 

Ao finalizar a compra, debe introducir o seu enderezo electrónico da USC (usc.es) e, na caixa de CUPÓN o código bibliousc2018

 

BioMed Central es un editor STM (Science, Technology and Medicine) de 272 revistas revisadas por pares en open access, que abranguen títulos das áreas da bioloxía, biomedicina e medicina.

 
 

Brepolis é o sitio dos proxectos en liña de Brepols Publishers. Da acceso a:

Free-Standing Bibliographies

  • L’Année philologique

Brepolis Medieval And Early Modern Bibliographies

  • International Medieval Bibliography
  • Bibliographie de Civilisation Médiévale

Latin, Greek & Oriental Texts

  • Library of Latin Texts – Series A
  • Library of Latin Texts – Series B
  • Monumenta Germaniae Historica
  • Archive of Celtic-Latin Literature
  • Aristoteles Latinus Database
  • Cross Database Searchtool

Latin Dictionaries

  • Database of Latin Dictionaries
  • Dictionary of Medieval Latin from British Sources

Encyclopaedias

  • Lexikon des Mittelalters – IEMA
  • Europa Sacra

Guest Bibliographies in Open Access

  • Bibliographia Franciscana
  • Bibliographia Internationalis Spiritualitatis

 

 
 
   

Business Source Premier é unha base de datos a texto completo sobre xestión, economía, finanzas, contabilidade e negocios.

 

 
 

Revistas de Cambridge University Press

URL CBUG: http://www.bugalicia.org/recursos/revistas/cambridge/

 
 

CAMBRIDGE UNIVERSITY PRESS pon en acceso libre mais de 700 libros de texto HTML, en:

https://www.cambridge.org/core/what-we-publish/textbooks

O acceso dende fóra do Campus ten que facerse configurando o proxy no navegador.

Nota: a USC só permite o acceso a través do proxy ao PDI e PAS

 
 
   
Cell     Acceder SIR     
 
 
   
CINAHL     Acceder SIR     

Base de datos da área da enfermería, biomedicina, medicina alternativa, ciencias da saúde e disciplinas afins.

Indexa revistas, máis da metade a texto completo, libros, teses, conferencias e material audiovisual. O material textual inclúe casos legais, innovacións clínicas, rexistros de drogas, instrumentos de investigación e ensaios clínicos.

Ofrece publicacións da National League for Nursing e da American Nurses Association, entre os que destacan algúns títulos como AANA Journal, California Hospitals, Gastroenterology Nursing, Maternal and Child Health Journal, Paediatric Nursing, Parents, etc.

 
 
Plataforma con información da área das ciencias da saúde especialmente dirixida aos estudantes para a súa aprendizaxe. En total suman 150 monografías recomendadas en español, miles de imaxes e máis de 100 vídeos especializados. Inclúe tamén test e autoexames.
Subscrita a partir do 1 de outubro de 2020
 
 

Communication & Mass Media Complete (CMMC) ofrece o texto completo, indexación e resumos de revistas que cubren a comunicación, os Mass Media, a lingüística, o discurso, a retórica, a sociolingüística, a teoría da comunicación, a linguaxe, a lóxica, a comunicación organizacional e outros campos  relacionados.

 
 

Páxina web habilitada polo Ministerio de Universidades para o apoio da formación en liña.

CONECTAD@S

Recolle recursos da UOC e a UNED e os seus obxectivos son:

  1. Ofrecer un amplo abano de recursos de orientación e formación para o profesorado sobre metodoloxía de formación en liña, útil para o deseño e desenvolvemento de cursos en liña.
  2. Poñer á disposición de investigadores, docentes e estudantes un completo repertorio de materiais dixitais e contidos en aberto de distintas áreas de coñecemento.
  3. Recoller unha serie de conferencias, consellos, materiais de divulgación e atención personalizada para o coidado psicolóxico de quen o requira.
 
 

Edición en liña do Diario Oficial de Galicia

 
 

DIALNET é unha base de datos de acceso libre, froito dun proxecto cooperativo entre diversas universidades españolas e liderado pola Universidade de la Rioja.

Recolle os índices de gran parte das revistas científicas e humanísticas de España e Latinoamérica, incluindo tamén libros, teses doctorais e outros tipos de documentos, e da acceso a numerosos contidos a texto completo.

Dialnet ofrece a investigadores e usuarios en xeral, diversos servicios personalizados e gratuitos, como por exemplo a subscrición de alertas informativas. Para facer uso destes servicios é necesario estar rexistrado no sistema.

 
 

Dialnet ofrece unha páxina personalizada para as institucións colaboradoras, favorecendo así a visibilidade e accesibilidade aos contidos desas institucións.

Nela agrúpase nun único lugar toda a produción científica da USC que foi incorporada a Dialnet. Así se nos mostran:

  • O buscador de autor co directorio dos autores da Universidade e as súas obras e coa posibilidade de filtrar por campos de coñecemento ou Departamentos
  • As últimas novidades das súas publicación
  • As obras editadas polo Servizo de Publicacións da USC
  • As lecturas de teses doutorais
  • Datos estatísticos da participación da USC en Dialnet
 
 

Directorio en liña que indexa e dá acceso a revistas en open access revisadas por pares.

 
 
   

Plataforma que da acceso a libros electrónicos de distintas temáticas

 
 

A base de datos Earth, Atmospheric & Aquatic Science, ofrece unha ampla cobertura de investigacións en meteoroloxía, resumos xeoastrofísicos, etcétera, que se suman a cobertura das ciencias relacionadas coas ciencias do mar e da pesca que ten esta base de datos ó integrar na mesma a antiga base de datos Aquatic Fisheries Abstracts.

Inclúe:

Ámbito: Ciencias Experimentais
 
 
   

Plataforma que da acceso a libros electrónicos de distintas temáticas

URL CBUG: http://www.bugalicia.org/recursos/ebooks/ebsco/

 
 

Plataforma en liña deseñada para facilitar o acceso a monografías das ciencias da saúde. Permite a subscrición libro a libro.

Subscrita a partir do 1 de outubro de 2020

 
 

ELSEVIER, decidiu abrir o acceso aos seus manuais (Textbooks) incluídos na plataforma Science Direct https://www.sciencedirect.com/ para todas as institucións, de momento, durante 3 meses (30 xuño 2020). O acceso para os membros da USC é a través do EZproxy da BUSC (pediráselles usuario e password da USC ao facer click no título do manual).

Os textos forman parte da plataforma e non é posible filtralos como grupo, pero pódese consultar o listado en:

Manuais de Elsevier de libre acceso

 
 

Versión en liña da Enciclopedia Británica

 
 

Obra de referencia que abarca a estado da cuestión na ciencia dos incendios forestais e dos incendios forestais que se propagan ás comunidades, coñecidos como incendios de interface urbano-forestal (WUI).

Inclúe as contribucións de 171 autores, os principais investigadores, expertos, profesionais e académicos, co coñecemento aceptado sobre estes temas en todo o mundo.

 
 
   
Eric     Acceder SIR     

Base de datos no campo da educación do U.S. Department of Education, Educational Resources Information Center que se actualiza mensualmente.

Contén información, gran parte a texto completo, extraída de revistas, conferencias, documentos gobernamentais, teses, informes, medios audiovisuais, bibliografías, directorios, e libros.

​Abrangue un amplo campo de materias: educación superior, educación elemental, idiomas, recursos de información, lectura, educación rural, matemáticas, ciencias do medio natural, estudos sociais, educación do profesorado, test ou educación urbana.

 
 

O Centro de Estudos e Documentación Europeos da USC a través do proxecto piloto no que participa con outras universidades europeas,  pricipalmente coa de Cardiff, ofrece á comunidade universitaria  da USC acceso gratuíto ao repositorio European Sources on Line (ESO),  unha fonte principal e cualificada de recursos europeos (documentos, bibliografía, revistas, informes, etc.).

Ao tratarse dun proxecto piloto para enriquecer o repositorio con recursos europeos xerados desde España e desde Galicia, o CEDE solicita:

  • Que os membros da Comunidade Universitaria, Investigadores, PAS , Alumnos e PDI que utilicen ESO se poñan en contacto co CEDE (cede@usc.es) para calquera dúbica ou suxestión de mellora do repositorio
  • Que aqueles investigadores que publiquen asuntos de interese europeo en formatos compatibles coa difusión a texto completo dos seus traballos, se poñan en contacto con CEDE (cede@usc.es) para  analizar a posibilidade de que os ditos traballos sexan indexados neste repositorio aos efectos de acadar maior visibilidade (cuestión que debe ser estudada individualmente co persoal do CEDE que xestiona este proxecto piloto)
 
 

Compendio legal e código de referencia que establece a calidade que deben cumplir os principios activos e excipientes que entran na composición dos medicamentos de uso human e veterinario.

 

 

Precisa identificación:

Acceso ás claves (só dende o dominio usc.es ou a través de proxy)

 

 
 
 
 

Buscador de traballos académicos

 
 
   
Greenfile     Acceder SIR     

A base de datos Greenfile é un recurso sobre a investigación de alto nivel sobre o impacto humano no medio natural.

É unha colección de documentos académicos, gobernamentais e de interese xeral que inclúen títulos a texto completo sobre os efectos dos individuos no medioambiente, as actuacións de corporacións e gobernos locais ou nacionais, e recomendacións para minimizar os impactos negativos.

Os temas cubertos inclúen os perigos da globalización, a construción ecolóxica, polución, agricultura sustentable, enerxías renovables, reciclaxe e máis.

 
 

Versión en liña de Harrison Principios de Medicina Interna

 
 

Índice biográfico internacional que baleira mais de 6000 fontes biográficas que recollen personaxes de todas as épocas, ámbitos e nacionalidades. De cada figura se proporciona unha información mínima (datas e lugar de nacemento e morte, e ámbito profesional) e a lista de obras onde aparece a súa biografía.

A base de datos in progress substitúe (aínda non completamente) a edición impresa (147 vol.) e a edición CD-rom, ambas existentes na Biblioteca Xeral.

 
 
   
IEEEXplore     Acceder SIR     
 
 

O  portal ÍnDICEs-CSIC é la nova plataforma de consulta para acceder aos contidos que antes se presentaban como Bases de datos Bibliográficas do CSIC: ICYT, IME e ISOC.

O novo portal  incorpora melloras nas opcions de consulta, como os múltiples filtros sobre os resultados obtidos, e nas opcions de exportación.

 
 
 

Base de datos referencial dos libros editados en España dende 1972, ano no que España se uniu ao sistema ISBN. Está xestionada pola Agencia Española do ISBN. Os datos os proporciona o propio editor ao tramitar e remitir á Axencia o impreso de solicitude do ISBN.

Contén as referencias das publicacións monográficas editadas en España que levan ISBN, tanto dispoñibles como agotadas, editadas en distintas linguas e diferentes soportes. É unha base de datos viva que diariamente incorpora novos rexistros.

 
 
   

Base de datos de documentación xurídica española, lexislación (vixente e arquivo histórico), xurisprudencia (tamén comunitaria), información bibliográfica, base de coñecemento xurídico (materiais para o estudo do Dereito), Diario del Derecho, etc.
Incorpora ademais outros apartados adicionais: Servicios Xurídicos, Bolsa de Emprego, Guía do Xurista, Foros, Chats…

  • Entrar como usuario colectivo (1 usuario simultáneo).
  • Ao rematar a consulta prema desconectar.
 
 

Journal Storage Project (JSTOR), é un proxecto de dixitalización de publicacions periódicas con fins académicos. Esta base de datos ten como obxetivo facilitar o acceso á información restrospectiva polo que no inclúe os últimos números das revistas. Na maior parte dos casos podemos acceder aos textos completos dende os primeiros números ata os publicados entre 2 e 5 anos atrás.

Forma de acceso temporal – COVID-19

Facer click nas imaxes para aumentar

 

JSTOR-00
Log in through your library

 

JSTOR-01
Buscar: santiago de compostela

 

JSTOR-02
Log in

 

Servizo de identificación centralizado da USC - Área de Tecnoloxías da Información e a Comunicación ATIC
Introducir credenciais da USC

 

 
 

JSTOR pon a disposición da comunidade 26 revistas de Saúde Pública recentemente publicadas en acceso gratuíto ata o 31 de decembro de 2020.

Os temas tratados inclúen Epidemioloxía, Política e Administración de Saúde, Saúde Laboral e Ambiental, Equidade de Saúde e Cultura de Saúde, Envellecemento, Bioética e Promoción da Saúde.

 
 

Sistema integrado de acceso a todos os productos da editorial La Ley:  texto completo de todas as suas revistas, lexislación, xurisprudencia, DGT, formularios, DGRN, Códigos La Ley, Biblioteca on line Bosch, convenios, con todos os contidos interrelacionados entre sí e sempre actualizados.

 
 
   

Recurso que conta con máis de 350.000 traballos de poesía, drama e prosa inglesa e americana e revistas a texto completo con información dende o século XIX ata a actualidade.

​Inclúe biografías, materiais para o estudo histórico de cada período e xénero, vídeos de lecturas de poesía, así como traballos dos principais autores do século XX.

 
 

Base de datos especializada en biblioteconomía, clasificación, catalogación, bibliometría, busca de información, xestión da información, etc.

​Da acceso a máis de 600 revistas, ademais de libros, informes de investigación e actas de congresos dende 1960.

 
 

Base de datos que resume e indexa a literatura internacional en lingüística e disciplinas relacionadas coa lingua dende 1973 ata a actualidade.

Inclúe todos os aspectos do estudo da lingua: fonética, fonoloxía, morfoloxía, sintaxe e semántica, e campos da lingüística, entre outros, lingüística descritiva, histórica, comparativa, teórica e xeográfica.

Ademais proporciona información de libros, capítulos de libros, teses, críticas de películas, artigos de revista, e citas de críticas de libros.

​Actualízase mensualmente.

 
 

La misión de la Biblioteca Clásica Loeb, fundada por James Loeb en 1911, siempre ha sido hacer que la literatura griega y latina sea accesible para la más amplia gama de lectores. La biblioteca clásica digital de Loeb extiende esta misión al siglo XXI.

Harvard University Press presenta una biblioteca virtual interconectada y en constante crecimiento de todo lo que es importante en la literatura griega y latina. Poesía épica y lírica; tragedia y comedia; historia, viajes, filosofía y oratoria; los grandes escritores médicos y matemáticos; aquellos Padres de la Iglesia que hicieron un uso particular de la cultura pagana; en resumen, toda nuestra herencia clásica griega y latina está representada aquí con textos actualizados y traducciones precisas al inglés.

Más de 520 volúmenes de textos en latín, griego e inglés disponibles en una interfaz que permite a los lectores navegar, buscar, marcar, anotar y compartir contenido con facilidad.

O acceso é por IP ou, remotamente, a través do proxy da USC
 
 

Base de datos da American Mathematical Society que proporciona información de artigos e libros que conteñen contribucións á inverstigación matemática e as súas aplicacións en campos relacionados: estatística, ciencias da computación e investigación operativa

URL directa: https://mathscinet.ams.org/mathscinet

 
 
   
Medline     Acceder SIR     

Medline é a base de datos completa da U.S. National Library of Medicine.

Contén citas e resumos da literatura biomédica mundial, incluíndo investigación, práctica clínica, administración, política sanitaria e servizos de saúde. Recolle artigos de revistas e capítulos e artigos de libros.

​Contén ademais o Thesaurus MeSH (Medical Subject Headings).

 
 

Repositorio institucional da Universidade de Santiago de Compostela

 
 
   

Arquivo dixital da cultura latina medieval da Società Internazionale per lo Studo del Medioevo Latino.
Permite buscar en revistas :

  • Documenti e studi sulla tradizione filosofica medievale
  • Filologia Mediolatina
  • Hagiographica
  • Iconographica
  • Itineraria
  • Micrologus
  • Stilistica e metrica italiana

e en bases de datos:

  • Bd Mediolatino
  • Bd Italiano
  • Bd Agiografico
  • Bd Francese
  • Bd Manoscritti degli autori del medioevo (secc. VI – XVI)
 
 

Base de datos bibliográfica da Modern Language Association of América.

  • Contén referencias sobre Literatura, Linguas Modernas, Lingüística e Folklore.
  • Indiza máis de 3.000 publicacións periódicas internacionais así como Monografías, Actas de Congresos, Catálogos, Diccionarios, etc.
  • Proporciona información dende 1981.
 
 
   
Nature     Acceder SIR     

URL CBUG: http://www.bugalicia.org/recursos/revistas/nature/

 
 

Ferramenta orientada a profesores, alumnos e profesionais de enfermaría que permite o uso das taxonomías enfermeiras NANDA, NOC e NIC para a súa consulta e creación de plans de coidados.

Subscrita a partir do 1 de outubro de 2020

https://www.nnnconsult.com/

 
   
Ovid Health     Acceder SIR     

Revistas e libros electrónicos de temática biomédica.

Contén:

  • Revistas:
    • 30 (en inglés)
  • Libros electrónicos:
    • 5 (en inglés)
    • 20 (en castelán)
 
 
   

Considerado o máis erudito e completo dicionario da lingua inglesa, así como o principal punto de referencia para o seu estudo etimolóxico

 
 

É a versión electrónica a texto completo dos 221 volumes da primeira edición da Patrologiae Cursus Completus, de Jacques-Paul Migne (1844-1855 e 1862-1865).

​Inclúe escritos filosóficos e teolóxicos con material preliminar, textos orixinais, aparato crítico, índices e ilustracións.

 
 

PhysioEx 9.0 consta de 12 exercicios que conteñen 63 actividades de laboratorio de fisioloxía. PhysioEx permítelle repetilos coa frecuencia que queira, realizar experimentos sen danar animais vivos e levar a cabo experimentos difíciles de realizar nun ambiente húmido de laboratorio por problemas de tempo, custos ou seguridade

 
 
   
Pilots     Acceder SIR     

Base de datos bibliográfica producida polo National Center for Post-Traumatic Stress Disorder de Vermont que recolle referencias e resumes de publicacións (artigos de revista, libros e literatura gris) sobre trastornos de estrés postraumático (PTSD) e outras secuelas por acontecementos traumáticos.

URL directa: http://search.proquest.com/pilots

 
 
   

Recurso a texto completo de Psicoloxía que inclúe ademais de títulos de revistas, working papers, conferencias, vídeos, tablas ou audios entre outros. Ademais de psicoloxía clínica e social, tamén abarca disciplinas relacionadas como xenética, psicoloxía dos negocios, economía, comunicación, criminoloxía, adicción, neuroloxía, benestar social, etc.

Ámbito: Ciencias Sociais e Xurídicas
 
 

Project Syndicate da acceso libre ós membros da USC ata o 5 de xullo ó seu magazine de noticias de economía e política de máis de 500 medios de comunicación relacionadas con máis de 150 países.

Pódese acceder a través dunha IP da Universidade en:

https://www.project-syndicate.org/

Acceso remoto rexistrándose co correo electrónico da Universidade (dominios usc.es e rai.usc.es) en:

https://www.project-syndicate.org/account/login?tab=tab-register

 

Pódese acceder a través dunha IP da Universidade en:

https://www.project-syndicate.org/

Acceso remoto rexistrándose co correo electrónico da Universidade (dominios usc.es e rai.usc.es) en:

https://www.project-syndicate.org/account/login?tab=tab-register

Project Syndicate Access USC

 

 

 

ProQuest, proporciona referencias bibliográficas e abstracts de teses lidas en máis de 1000 institucións de todo o mundo dende 1861. Cada tese publicada dende xullo de 1980 inclúe un resumo de 350 palabras feito polo autor.

URL directa: http://search.proquest.com/pqdtglobal

 
 
   
PsycInfo®     Acceder SIR     

PsycInfo® proporciona resumos e citas de artigos de publicacións científicas, capítulos de libros e teses, do ámbito das ciencias do comportamento e da saúde mental. Abarca dende 1800 ata a actualidade. Inclúe importante material para psicólogos e profesionais da psiquiatría, psicoloxía, neurociencia, educación, e traballo social.

URL Directa: https://search.proquest.com/psycinfo/index

 
 

Revistas, a texto completo e acceso libre, das áreas de biomedicina e ciencias da vida dos U.S. National Institutes of Health’s National Library of Medicine (NIH/NLM).

 
 

Catálogo Colectivo da “Red de Bibliotecas Universitarias Españolas”

 
 
   

Base de datos a texto completo de publicacións de negocios de ámbito rexional. Inclúe xornais e información publicada en Internet, que abarca todas as áreas metropolitanas e rurais de Estados Unidos. Actualízase diariamente.

 
 

SABI é unha base de datos con información sobre empresas e grupos de empresas españolas. Permite as búscas baseadas en diversos criterios como nome, código NIF, localización, actividade, empregados, datos financieiros, etc. Os resultados pódense imprimir  ou exportar como informes en calquera tipo de formato, estándar ou personalizado. Tamén permite a ilustración de balances, estado de resultados; e análisis detallados, estatísticos e/ou comparativos, de empresas ou grupos en función de variables e períodos definidos polo usuario; etc.

IMPORTANTE: SABI permite a descarga de 50.000 rexistros á semana para toda a comunidade universitaria. Por favor, faga un uso responsable

 
 
   
Science     Acceder SIR

Novo acceso a través do SIR

Science - SIR

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Science - SIR

 

 

 

 

 

 

URL CBUG: http://www.bugalicia.org/recursos/revistas/science/

 
 
   
ScienceDirect     Acceder SIR     

Portal de revistas e libros electrónicos de Elsevier.

Inclúe: revistas, series, libros, manuais e obras de referencia.

 
 
       

Ferramenta de investigación que permite buscar nas bases de datos de CAS que conteñen literatura de varias disciplinas: ciencias biomedicas, química, enxeñería, ciencias dos materiais, agricultura, etc.

A versión móbil non ten restricións por dirección IP.

Con motivo da crise provocada polo COVID-19, CAS modifica as súas condicións de acceso ao SciFinder® ata o 18 de outubro de 2020.

Os usuarios poden acceder sen necesidade de utilizar o proxy ou VPN pero deben identificarse co seu nome de usuario e contrasinal do SciFinder®.

O rexistro de novos usuarios, sen embargo, debe facerse, coma sempre, dende o dominio da USC ou utilizando o proxy

 
   
SCOPUS     Acceder SIR     

Base de datos de Elsevier, accesible vía web que proporciona unha visión xeral da produción mundial de investigación nos campos da Ciencia, a Tecnoloxía, a Medicina, as Ciencias Sociais, as Artes e as Humanidades.
Ofrece entre outras, referencias bibliográficas e citas de artigos de revistas científicas, patentes, páxinas web científicas…

 
 
   
Serials Directory     Acceder SIR     

Serials Directory é un directorio editado por EBSCO que proporciona información detallada de títulos de publicacións periódicas, anuarios e series irregulares publicadas en todo o mundo.

Inclúe os rexistros MARC de cada publicación e proporciona información sobre que outras bases de datos as indizan, os cambios de título, prezo, enderezo do editor, etc.

 
 
   
SPORTDiscus     Acceder SIR     

A base de datos SPORTDiscus da acceso ao texto completo das revistas mais consultadas no índice SPORTDiscus sen límite de divulgación. Con cobertura dende 1985, abrangue diversas áreas do deporte como: medicina deportiva, leis e lexislación deportiva, traballo con persoas discapacitadas, deseño e administración de instalacións deportivas, educación na saúde, psicoloxía do deporte, recreación ou turismo.

 
 
   
SpringerLink     Acceder SIR     

URL CBUG: http://www.bugalicia.org/recursos/revistas/springer/

 
 

SPRINGER amplía, ata o 10 de agosto, o acceso aos e-books de Matemáticas e Estatítstica naqueles anos en que a BUSC non ten subscrición, completando o ámbito de edición 1929-2020

Acceso SIR, En:

https://link.springer.com/

 
 
   
Taylor & Francis     Acceder SIR     
 
 

Thesaurus Linguae Latinae, considérase o máis extenso diccionario de latín, cubre todos os textos latinos dende o período clásico ata o ano 600. Investigadores de máis de 30 institucions e Sociedades de Investigación de 23 países dan apoio a este traballo da Bayerische Akademie (Thesaurusbüro München).

 

https://www.degruyter.com/view/db/tll?lang=en

 
 

Tirant Online é a base de datos xurídica da Editorial Tirant.

​Contén as normas vixentes do ordenamento xurídico internacional, comunitario, estatal, autonómico e local. Inclúe textos das normas, todos eles vixentes, consolidados e integrados nun só documento; os textos poden visualizarse en texto completo en formato HTML ou RTF. A información actualízase a diario.

Para poder acceder sen utilizar o Proxy, seguir esta ligazón

 

 
 

Contén índices e resumos de revistas, xornais e monografías na área da docencia. Abarca temas como avaliación, educación continua, investigación pedagóxica, desenvolvemento do currículum ou Métodos para a Ensinanza.

 
 

Ulrichsweb é a principal fonte de información sobre publicacións periódicas. Contén información detallada de máis de 300.000 publicacións de todo tipo (prensa, revistas, anuarios, publicacións académicas, revistas electrónicas,…) e de todas as areas temáticas. A versión web proporciona enlaces a tablas de contido, resúmes de artígos, e permite localizar onde está indizado un título.

URL directa: https://ulrichsweb.serialssolutions.com/

 

 
 

Revistas que abarcan as Humanidades, as Ciencias sociais e as Ciencias naturais, con áreas temáticas clave que inclúen Historia, Literatura e Crítica, Cinema e medios, Música, Relixión e Socioloxía.

 
 
 
 

https://onlinelibrary.wiley.com/action/showPublications?PubType=book

 
 

Base de datos biográfica que proporciona unha información breve de persoas, familias e grupos, de todos os países e rexións, dende o 4º milenio a.C. ata a actualidade. Cada artigo remite as obras de referencia dixitalizadas nos Archivos Biográficos de KG Saur.

EZ: https://wbis.degruyter.com/index

http://db.saur.de/WBIS/autologin?user=unisantiago

wbis.degruyter.com
 
 

World Press Trends, Base de datos sobre a industria da prensa en todo o mundo. Inclúe datos de máis de 70 países, que se recompilan a través de xornais nacionais, asociacións de medios de comunicación e proveedores de datos globais.
Proporciona informes sobre países individuais, tendencias na circulación e os lectores, ingresos publicitarios, publicación digital e moito máis.

Os usuarios poden xerar informes personalizados e descargalos como arquivos de Excel.

 
 
   

Recolle as principais publicacións de literatura académica nas areas das ciencias, ciencias sociais, artes e humanidades. Inclúe actas de congresos, informes, workshops, etc. e o InCites, Journal Citation Reports e Essential Science Indicators.

 
 

Zentralblatt Math é unha base de datos de abstracts e revisións de publicacións científicas en matemáticas puras e aplicadas.

As entradas están clasificadas de acordo ao Mathematics Subject Classification Scheme.

A base de datos inclúe as seguintes áreas:

Matemáticas puras (alxebra, lóxica, topoloxía, xeometría, análese) , probabilidade, estatística, física matemática, mecánica clásica, mecánica de fluídos, sólidos, matemática numérica, programación, ciencia de computadores, teoría de autómatas, teoría de sistemas, control, economía, información e comunicación, circuítos, codificación, criptografía, aplicacións en bioloxía, química, socioloxía, psicoloxía.

 
 
LENDA DAS ICONAS
Ampliar información
Acceso restrinxido á USC
Recurso de acceso aberto
Precisa identificación (Clic na icona, no listado)
Acceso remoto por Proxy (só PDI e PAS)
Acceso remoto por EZproxy BUSC (todos os membros da USC)
 
Cambio temporal nas condicións de acceso (Crise COVID-19)
(Clic na icona, no listado, para coñecelas)

 


Novo recurso
Novo recurso temporal Crise COVID-19

Acceso a través do SIR
Acceso á través do SIR
Video axuda acceso SIR
Acceso á guía – axuda