Recursos

Alternativa Press Index é unha base de datos de revistas, xornais, e artigos de prensa alternativa de cobertura internacional  e interdisciplinaria. Actualízase trimestralmente.

 
 
   

Aranzadi é a base de datos máis completa que existe actualmente en España no ámbito do dereito, incluíndo:

  • Lexislación do Estado dende 1930.
  • Normas máis relevantes e prácticas a texto vixente.
  • Lexislación das Comunidades Autónomas dende o seu inicio.
  • Iniciativas Lexislativas máis interesantes.
  • Xurisprudencia do Tribunal Supremo e do Tribunal Constitucional dende 1979.
  • Xurisprudencia dos Tribunais Superiores de Xustiza, Audiencias Provinciais e Audiencia Nacional: tódalas sentencias – máis de 330.000- a partir do 2001.
  • Sentencias máis interesantes dos Tribunais de Primeira Instancia.
  • Xurisprudencia actual do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos e do Tribunal de Xustiza das Comunidades Europeas.
  • Resolucións da Dirección Xeneral dos Rexistros e do Notariado, Tribunal de Defensa da Competencia, Tribunal conómico-Administrativo Central.
  • Artigos doctrinais e máis de 20.000 referencias bibliográficas incluindo as principais novedades en información xurídica agrupadas por áreas (Civil – Mercantil, Penal, Administrativo, Tributario e Social).
  • Información detallada das actividades e situación económico-financieira de tódalas sociedades españolas. Subvenciones, subastas e concursos. Directorio da Organización Xudicial con datos de localización de tódalas sedes xudiciais españolas.
  • Acceso a tódalas cotizacións bursátiles do mercado continuo, novo mercado e IBEX 35.

Aranzadi ten un límite de usuarios concurrentes: 90 para todo o consorcio (as tres Universidades) polo rogamos moderación na súa utilización

ARANZADI (recurso consorciado) eliminou a restricción de dirección IP do proceso de autenticación ata que termine o confinamento para favorecer o acceso dos alumnos dende as súas casas.

http://www.bugalicia.org/recursos/aranzadi/westlaw

Aranzadi ten un límite de usuarios concurrentes: 90 para todo o consorcio (as tres Universidades) polo rogamos moderación na súa utilización


 

O Banco de Datos ASP/JDS é  un repertorio de datos estatísticos, enquisas sobre temas sociolóxicos, informes sobre as sondaxes mensuais da opinión pública española e estudos e investigacións monográficas, avaladas polo seu prestixio e calidade.  Abrangue as seguintes coleccións con cobertura dende 1990:

  • Los Estudios de Valores
  • Colección Inmigrantes
  • Latinobarómetro
  • Sondeo ‘La Opinión Pública de los Españoles’ (ASEP, España)
  • Afrobarómetro
  • CIRES (Centro de Investigaciones de la Realidad Social)
  • Barómetro de Asia Oriental
  • Centro de Estudios de la Realidad Contemporánea (CERC)
  • Estudio Comparado de Sistemas Electorales (CSES)
  • Globalbarómetro
  • Barómetro del Real Instituto Elcano
  • International Social Survey Program (ISSP)

 

 
 

Business Source Premier é unha base de datos a texto completo sobre xestión, economía, finanzas, contabilidade e negocios.

 

 
 

Communication & Mass Media Complete (CMMC) ofrece o texto completo, indexación e resumos de revistas que cubren a comunicación, os Mass Media, a lingüística, o discurso, a retórica, a sociolingüística, a teoría da comunicación, a linguaxe, a lóxica, a comunicación organizacional e outros campos  relacionados.

 
 

Páxina web habilitada polo Ministerio de Universidades para o apoio da formación en liña.

CONECTAD@S

Recolle recursos da UOC e a UNED e os seus obxectivos son:

  1. Ofrecer un amplo abano de recursos de orientación e formación para o profesorado sobre metodoloxía de formación en liña, útil para o deseño e desenvolvemento de cursos en liña.
  2. Poñer á disposición de investigadores, docentes e estudantes un completo repertorio de materiais dixitais e contidos en aberto de distintas áreas de coñecemento.
  3. Recoller unha serie de conferencias, consellos, materiais de divulgación e atención personalizada para o coidado psicolóxico de quen o requira.
 
 

Colección de 154 libros de bibliografía recomendada sobre Economía e Empresa

 
 
   

Base de datos no campo da educación do U.S. Department of Education, Educational Resources Information Center que se actualiza mensualmente.

Contén información, gran parte a texto completo, extraída de revistas, conferencias, documentos gobernamentais, teses, informes, medios audiovisuais, bibliografías, directorios, e libros.

​Abrangue un amplo campo de materias: educación superior, educación elemental, idiomas, recursos de información, lectura, educación rural, matemáticas, ciencias do medio natural, estudos sociais, educación do profesorado, test ou educación urbana.

 
 

O Centro de Estudos e Documentación Europeos da USC a través do proxecto piloto no que participa con outras universidades europeas,  pricipalmente coa de Cardiff, ofrece á comunidade universitaria  da USC acceso gratuíto ao repositorio European Sources on Line (ESO),  unha fonte principal e cualificada de recursos europeos (documentos, bibliografía, revistas, informes, etc.).

Ao tratarse dun proxecto piloto para enriquecer o repositorio con recursos europeos xerados desde España e desde Galicia, o CEDE solicita:

  • Que os membros da Comunidade Universitaria, Investigadores, PAS , Alumnos e PDI que utilicen ESO se poñan en contacto co CEDE (cede@usc.es) para calquera dúbica ou suxestión de mellora do repositorio
  • Que aqueles investigadores que publiquen asuntos de interese europeo en formatos compatibles coa difusión a texto completo dos seus traballos, se poñan en contacto con CEDE (cede@usc.es) para  analizar a posibilidade de que os ditos traballos sexan indexados neste repositorio aos efectos de acadar maior visibilidade (cuestión que debe ser estudada individualmente co persoal do CEDE que xestiona este proxecto piloto)
 
 

Servicio de acceso en liña ao texto completo de 250 libros publicados pola editorial Graó, empresa especializada en temas de educación, procesos de ensino e aprendizaxe, formación continua do profesorado, psicoloxía da educación ou e, en xeral, na produción de materiais de interese para profesionais e institucións do ámbito da educación.

 
 
   

IngeBook é unha plataforma de acceso e lectura dixital de libros de texto e manuais universitarios a texto completo en español de diversas materias.

Con funcionalidades de interactividade e colaboración, a plataforma permite crear e compartir notas, subliñar, tachar e crear citas no texto dos libros.

Estas opcións só están dispoñibles para usuarios rexistrados en INGeBOOK. 

 
 
   

Base de datos de documentación xurídica española, lexislación (vixente e arquivo histórico), xurisprudencia (tamén comunitaria), información bibliográfica, base de coñecemento xurídico (materiais para o estudo do Dereito), Diario del Derecho, etc.
Incorpora ademais outros apartados adicionais: Servicios Xurídicos, Bolsa de Emprego, Guía do Xurista, Foros, Chats…

  • Entrar como usuario colectivo (1 usuario simultáneo).
  • Ao rematar a consulta prema desconectar.
 
 

Journal Storage Project (JSTOR), é un proxecto de dixitalización de publicacions periódicas con fins académicos. Esta base de datos ten como obxetivo facilitar o acceso á información restrospectiva polo que no inclúe os últimos números das revistas. Na maior parte dos casos podemos acceder aos textos completos dende os primeiros números ata os publicados entre 2 e 5 anos atrás.

Forma de acceso temporal – COVID-19

Facer click nas imaxes para aumentar

 

JSTOR-00
Log in through your library

 

JSTOR-01
Buscar: santiago de compostela

 

JSTOR-02
Log in

 

Servizo de identificación centralizado da USC - Área de Tecnoloxías da Información e a Comunicación ATIC
Introducir credenciais da USC

 


 

Sistema integrado de acceso a todos os productos da editorial La Ley:  texto completo de todas as suas revistas, lexislación, xurisprudencia, DGT, formularios, DGRN, Códigos La Ley, Biblioteca on line Bosch, convenios, con todos os contidos interrelacionados entre sí e sempre actualizados.

 
 
   

Base de datos bibliográfica producida polo National Center for Post-Traumatic Stress Disorder de Vermont que recolle referencias e resumes de publicacións (artigos de revista, libros e literatura gris) sobre trastornos de estrés postraumático (PTSD) e outras secuelas por acontecementos traumáticos.

URL directa: http://search.proquest.com/pilots


 

Recurso a texto completo de Psicoloxía que inclúe ademais de títulos de revistas, working papers, conferencias, vídeos, tablas ou audios entre outros. Ademais de psicoloxía clínica e social, tamén abarca disciplinas relacionadas como xenética, psicoloxía dos negocios, economía, comunicación, criminoloxía, adicción, neuroloxía, benestar social, etc.

Ámbito: Ciencias Sociais e Xurídicas
 
 
   

Colección de monografías xurídicas. Obras moi demandadas que pasan a formar parte do catálogo con dereito a perpetuidade.

65 libros electrónicos que permiten un acceso simultáneo ilimitado e unha lectura libre de DRM.

 

Os usuarios da BUSC pódense dar de alta introducindo o seu nome, apelidos e enderezo electrónico e creando claves de acceso en:

https://onepass.aranzadi.es/alta/inicio.do?token=sQVzSCyJLSdu58LKoUqbtV7C8gt6RXLoCk4ZX6ku

Unha vez obtidas as claves por correo electrónico (hai un tempo de demora), pode acceder ó recurso dende:

https://proview.thomsonreuters.com/


   

PsycInfo® proporciona resumos e citas de artigos de publicacións científicas, capítulos de libros e teses, do ámbito das ciencias do comportamento e da saúde mental. Abarca dende 1800 ata a actualidade. Inclúe importante material para psicólogos e profesionais da psiquiatría, psicoloxía, neurociencia, educación, e traballo social.

URL Directa: https://search.proquest.com/psycinfo/index


 

Base de datos a texto completo de publicacións de negocios de ámbito rexional. Inclúe xornais e información publicada en Internet, que abarca todas as áreas metropolitanas e rurais de Estados Unidos. Actualízase diariamente.

 
 

SABI é unha base de datos con información sobre empresas e grupos de empresas españolas. Permite as búscas baseadas en diversos criterios como nome, código NIF, localización, actividade, empregados, datos financieiros, etc. Os resultados pódense imprimir  ou exportar como informes en calquera tipo de formato, estándar ou personalizado. Tamén permite a ilustración de balances, estado de resultados; e análisis detallados, estatísticos e/ou comparativos, de empresas ou grupos en función de variables e períodos definidos polo usuario; etc.

IMPORTANTE: SABI permite a descarga de 50.000 rexistros á semana para toda a comunidade universitaria. Por favor, faga un uso responsable

 
 

A Biblioteca Virtual Tirant é unha plataforma dixital desde a que se pode acceder a todos libros publicados pola editorial Tirant lo Blanch en formato electrónico. É unha biblioteca en continua actualización, á que se incorporan automaticamente todas as novidades que se van producindo, un produto que recolle as mellores obras de Ciencia Xurídica e Dereito, así como outras canles especializadas en Humanidades e Ciencias Sociais entre outras.

O usuario deste servizo accede a unha biblioteca de máis de cinco mil trescentos títulos totalmente actualizados e en permanente crecemento. Sistemas de procura por títulos, autores, coleccións, materias diversas e completas que se gozan nunha visualización electrónica cómoda e grata.

    

Unha vez dentro da Biblioteca é necesario crear unha conta persoal para poder ler os libros.

Comprobe que accedeu a través da dirección correcta (dende reBUSCa):

Tirant

Vaia a Inicio – Cuenta personal

Tirant

 

Faga clic en onde se indica para crear unha conta persoal

Tirant

 

 

 


Tirant Online é a base de datos xurídica da Editorial Tirant.

​Contén as normas vixentes do ordenamento xurídico internacional, comunitario, estatal, autonómico e local. Inclúe textos das normas, todos eles vixentes, consolidados e integrados nun só documento; os textos poden visualizarse en texto completo en formato HTML ou RTF. A información actualízase a diario.

Para poder acceder sen utilizar o Proxy, seguir esta ligazón

 


 

Contén índices e resumos de revistas, xornais e monografías na área da docencia. Abarca temas como avaliación, educación continua, investigación pedagóxica, desenvolvemento do currículum ou Métodos para a Ensinanza.

 
 

World Press Trends, Base de datos sobre a industria da prensa en todo o mundo. Inclúe datos de máis de 70 países, que se recompilan a través de xornais nacionais, asociacións de medios de comunicación e proveedores de datos globais.
Proporciona informes sobre países individuais, tendencias na circulación e os lectores, ingresos publicitarios, publicación digital e moito máis.

Os usuarios poden xerar informes personalizados e descargalos como arquivos de Excel.

 
 
LENDA DAS ICONAS
Ampliar información
Acceso restrinxido á USC
Recurso de acceso aberto
Precisa identificación (Clic na icona, no listado)
Acceso remoto por EZproxy BUSC (todos os membros da USC)
 

Novo recurso
En proba / Recurso temporal

Acceso a través do SIR
Acceso á través do SIR
Video axuda acceso SIR
Acceso á guía – axuda