Recursos

A base de datos Earth, Atmospheric & Aquatic Science, ofrece unha ampla cobertura de investigacións en meteoroloxía, resumos xeoastrofísicos, etcétera, que se suman a cobertura das ciencias relacionadas coas ciencias do mar e da pesca que ten esta base de datos ó integrar na mesma a antiga base de datos Aquatic Fisheries Abstracts.

Inclúe:

Ámbito: Ciencias Experimentais
 
 

Plataforma que da acceso a libros electrónicos de distintas temáticas

URL CBUG: http://www.bugalicia.org/recursos/ebooks/ebsco/


 

Plataforma que da acceso a libros electrónicos de distintas temáticas

 
 

Colección de 154 libros de bibliografía recomendada sobre Economía e Empresa

 
 
   
Elsevier Books
EBS – Dispoñible ata: 15/12/2021

Para facilitar o proceso de avaliación de títulos a seleccionar, o as universidades do CISUG desfrutaran ata o 15 de decembro de 2021 do acceso a máis de 7.600 monografías multidisciplinares:

  • Bioquímica, Xenética e Bioloxía Molecular (entre 2016 e 2021) – 303 títulos
  • Ciencia de Materiais (entre 2016 e 2021) – 789 títulos
  • Ciencia e Medicina Biomédica (entre 2016 e 2021) – 481 títulos
  • Ciencias Ambientais (entre 2016 e 2021) – 236 títulos
  • Ciencias Biolóxicas e Alimentarias Agrícolas (entre 2016 e 2021) – 741 títulos
  • Ciencias da Terra e Planetarias (entre 2016 e 2021) – 302 títulos
  • Ciencias Sociais (entre 2016 e 2021) – 289 títulos
  • Cirurxía especializada (entre 2016 e 2020) – 74 títulos
  • Enerxía (entre 2016 e 2021) – 539 títulos
  • Enxeñaría (entre 2016 e 2021) – 1.109 títulos
  • Enxeñaría biomédica (entre 2019 e 2021) – 94 títulos
  • Enxeñaría Química (entre 2016 e 2021) – 401 títulos
  • Farmacoloxía, Toxicoloxía e Farmacéutica (entre 2016 e 2021) – 230 títulos
  • Finanzas (entre 2016 e 2020) – 114 títulos
  • Física e Astronomía (entre 2016 e 2018) – 25 títulos
  • Forense (entre 2016 e 2020) – 122 títulos
  • Informática (entre 2016 e 2018) – 134 títulos
  • Inmunoloxía e Microbioloxía (entre 2016 e 2021) – 138 títulos
  • Matemáticas, agora chamadas Matemáticas e Informática (entre 2016 e 2021) – 125 títulos
  • Medicina especializada, agora chamada Medicina Clínica e Cirurxía (entre 2016 e 2021) – 280 títulos
  • Medicina Veterinaria (entre 2016 e 2020) – 27 títulos
  • Neurociencia (entre 2016 e 2021) – 356 títulos
  • Profesións sanitarias (entre 2016 e 2020) – 37 títulos
  • Psicoloxía (entre 2016 e 2021) – 196 títulos
  • Química (entre 2016 e 2021) – 300 títulos

 

Pódense localizar os libros por especialidade na web de ScienceDirect:

 

Ademais, durante este mesmo período, disporase de acceso a mais de 260 Textbooks de Elsevier:

 

Pódese acceder á totalidade de libros electrónicos do editor a través do buscador de Pórtico (SFX):

 
 

Plataforma en liña deseñada para facilitar o acceso a monografías das ciencias da saúde. Permite a subscrición libro a libro.

Subscrita a partir do 1 de outubro de 2020

 
 

ELSEVIER, decidiu abrir o acceso aos seus manuais (Textbooks) incluídos na plataforma Science Direct https://www.sciencedirect.com/ para todas as institucións, de momento, durante 3 meses (30 xuño 2020). O acceso para os membros da USC é a través do EZproxy da BUSC (pediráselles usuario e password da USC ao facer click no título do manual).

Os textos forman parte da plataforma e non é posible filtralos como grupo, pero pódese consultar o listado en:

Manuais de Elsevier de libre acceso

 
 

Versión en liña da Enciclopedia Británica

 
 

Obra de referencia que abarca a estado da cuestión na ciencia dos incendios forestais e dos incendios forestais que se propagan ás comunidades, coñecidos como incendios de interface urbano-forestal (WUI).

Inclúe as contribucións de 171 autores, os principais investigadores, expertos, profesionais e académicos, co coñecemento aceptado sobre estes temas en todo o mundo.

 
 
   

Base de datos no campo da educación do U.S. Department of Education, Educational Resources Information Center que se actualiza mensualmente.

Contén información, gran parte a texto completo, extraída de revistas, conferencias, documentos gobernamentais, teses, informes, medios audiovisuais, bibliografías, directorios, e libros.

​Abrangue un amplo campo de materias: educación superior, educación elemental, idiomas, recursos de información, lectura, educación rural, matemáticas, ciencias do medio natural, estudos sociais, educación do profesorado, test ou educación urbana.

 
 

O Centro de Estudos e Documentación Europeos da USC a través do proxecto piloto no que participa con outras universidades europeas,  pricipalmente coa de Cardiff, ofrece á comunidade universitaria  da USC acceso gratuíto ao repositorio European Sources on Line (ESO),  unha fonte principal e cualificada de recursos europeos (documentos, bibliografía, revistas, informes, etc.).

Ao tratarse dun proxecto piloto para enriquecer o repositorio con recursos europeos xerados desde España e desde Galicia, o CEDE solicita:

  • Que os membros da Comunidade Universitaria, Investigadores, PAS , Alumnos e PDI que utilicen ESO se poñan en contacto co CEDE (cede@usc.es) para calquera dúbica ou suxestión de mellora do repositorio
  • Que aqueles investigadores que publiquen asuntos de interese europeo en formatos compatibles coa difusión a texto completo dos seus traballos, se poñan en contacto con CEDE (cede@usc.es) para  analizar a posibilidade de que os ditos traballos sexan indexados neste repositorio aos efectos de acadar maior visibilidade (cuestión que debe ser estudada individualmente co persoal do CEDE que xestiona este proxecto piloto)
 
 

Eureka, base de datos dixital de Editorial Médica Panamericana, cunha selección de libros subscritos pola BUSC nos eidos das Ciencias e das Ciencias da Saúde

 
 
LENDA DAS ICONAS
Ampliar información
Acceso restrinxido á USC
Recurso de acceso aberto
Precisa identificación (Clic na icona, no listado)
Acceso remoto por EZproxy BUSC (todos os membros da USC)
 

Novo recurso
En proba / Recurso temporal

Acceso a través do SIR
Acceso á través do SIR
Video axuda acceso SIR
Acceso á guía – axuda