Recursos

Aranzadi é a base de datos máis completa que existe actualmente en España no ámbito do dereito, incluíndo:

  • Lexislación do Estado dende 1930.
  • Normas máis relevantes e prácticas a texto vixente.
  • Lexislación das Comunidades Autónomas dende o seu inicio.
  • Iniciativas Lexislativas máis interesantes.
  • Xurisprudencia do Tribunal Supremo e do Tribunal Constitucional dende 1979.
  • Xurisprudencia dos Tribunais Superiores de Xustiza, Audiencias Provinciais e Audiencia Nacional: tódalas sentencias – máis de 330.000- a partir do 2001.
  • Sentencias máis interesantes dos Tribunais de Primeira Instancia.
  • Xurisprudencia actual do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos e do Tribunal de Xustiza das Comunidades Europeas.
  • Resolucións da Dirección Xeneral dos Rexistros e do Notariado, Tribunal de Defensa da Competencia, Tribunal conómico-Administrativo Central.
  • Artigos doctrinais e máis de 20.000 referencias bibliográficas incluindo as principais novedades en información xurídica agrupadas por áreas (Civil – Mercantil, Penal, Administrativo, Tributario e Social).
  • Información detallada das actividades e situación económico-financieira de tódalas sociedades españolas. Subvenciones, subastas e concursos. Directorio da Organización Xudicial con datos de localización de tódalas sedes xudiciais españolas.
  • Acceso a tódalas cotizacións bursátiles do mercado continuo, novo mercado e IBEX 35.

Aranzadi ten un límite de usuarios concurrentes: 90 para todo o consorcio (as tres Universidades) polo rogamos moderación na súa utilización

ARANZADI (recurso consorciado) eliminou a restricción de dirección IP do proceso de autenticación ata que termine o confinamento para favorecer o acceso dos alumnos dende as súas casas.

http://www.bugalicia.org/recursos/aranzadi/westlaw

Aranzadi ten un límite de usuarios concurrentes: 90 para todo o consorcio (as tres Universidades) polo rogamos moderación na súa utilización

 
 

O Banco de Datos ASP/JDS é  un repertorio de datos estatísticos, enquisas sobre temas sociolóxicos, informes sobre as sondaxes mensuais da opinión pública española e estudos e investigacións monográficas, avaladas polo seu prestixio e calidade.  Abrangue as seguintes coleccións con cobertura dende 1990:

  • Los Estudios de Valores
  • Colección Inmigrantes
  • Latinobarómetro
  • Sondeo ‘La Opinión Pública de los Españoles’ (ASEP, España)
  • Afrobarómetro
  • CIRES (Centro de Investigaciones de la Realidad Social)
  • Barómetro de Asia Oriental
  • Centro de Estudios de la Realidad Contemporánea (CERC)
  • Estudio Comparado de Sistemas Electorales (CSES)
  • Globalbarómetro
  • Barómetro del Real Instituto Elcano
  • International Social Survey Program (ISSP)

 

 
 
   

Business Source Premier é unha base de datos a texto completo sobre xestión, economía, finanzas, contabilidade e negocios.

 

 
 
   
Eric     Acceder SIR     

Base de datos no campo da educación do U.S. Department of Education, Educational Resources Information Center que se actualiza mensualmente.

Contén información, gran parte a texto completo, extraída de revistas, conferencias, documentos gobernamentais, teses, informes, medios audiovisuais, bibliografías, directorios, e libros.

​Abrangue un amplo campo de materias: educación superior, educación elemental, idiomas, recursos de información, lectura, educación rural, matemáticas, ciencias do medio natural, estudos sociais, educación do profesorado, test ou educación urbana.

 
 

O Centro de Estudos e Documentación Europeos da USC a través do proxecto piloto no que participa con outras universidades europeas,  pricipalmente coa de Cardiff, ofrece á comunidade universitaria  da USC acceso gratuíto ao repositorio European Sources on Line (ESO),  unha fonte principal e cualificada de recursos europeos (documentos, bibliografía, revistas, informes, etc.).

Ao tratarse dun proxecto piloto para enriquecer o repositorio con recursos europeos xerados desde España e desde Galicia, o CEDE solicita:

  • Que os membros da Comunidade Universitaria, Investigadores, PAS , Alumnos e PDI que utilicen ESO se poñan en contacto co CEDE (cede@usc.es) para calquera dúbica ou suxestión de mellora do repositorio
  • Que aqueles investigadores que publiquen asuntos de interese europeo en formatos compatibles coa difusión a texto completo dos seus traballos, se poñan en contacto con CEDE (cede@usc.es) para  analizar a posibilidade de que os ditos traballos sexan indexados neste repositorio aos efectos de acadar maior visibilidade (cuestión que debe ser estudada individualmente co persoal do CEDE que xestiona este proxecto piloto)
 
 
   

Base de datos de documentación xurídica española, lexislación (vixente e arquivo histórico), xurisprudencia (tamén comunitaria), información bibliográfica, base de coñecemento xurídico (materiais para o estudo do Dereito), Diario del Derecho, etc.
Incorpora ademais outros apartados adicionais: Servicios Xurídicos, Bolsa de Emprego, Guía do Xurista, Foros, Chats…

  • Entrar como usuario colectivo (1 usuario simultáneo).
  • Ao rematar a consulta prema desconectar.
 
 

Sistema integrado de acceso a todos os productos da editorial La Ley:  texto completo de todas as suas revistas, lexislación, xurisprudencia, DGT, formularios, DGRN, Códigos La Ley, Biblioteca on line Bosch, convenios, con todos os contidos interrelacionados entre sí e sempre actualizados.

 
 
   

Colección de monografías xurídicas. Obras moi demandadas que pasan a formar parte do catálogo con dereito a perpetuidade.

65 libros electrónicos que permiten un acceso simultáneo ilimitado e unha lectura libre de DRM.

 

Os usuarios da BUSC pódense dar de alta introducindo o seu nome, apelidos e enderezo electrónico e creando claves de acceso en:

https://onepass.aranzadi.es/alta/inicio.do?token=sQVzSCyJLSdu58LKoUqbtV7C8gt6RXLoCk4ZX6ku

Unha vez obtidas as claves por correo electrónico (hai un tempo de demora), pode acceder ó recurso dende:

https://proview.thomsonreuters.com/

 

A Biblioteca Virtual Tirant é unha plataforma dixital desde a que se pode acceder a todos libros publicados pola editorial Tirant lo Blanch en formato electrónico. É unha biblioteca en continua actualización, á que se incorporan automaticamente todas as novidades que se van producindo, un produto que recolle as mellores obras de Ciencia Xurídica e Dereito, así como outras canles especializadas en Humanidades e Ciencias Sociais entre outras.

O usuario deste servizo accede a unha biblioteca de máis de cinco mil trescentos títulos totalmente actualizados e en permanente crecemento. Sistemas de procura por títulos, autores, coleccións, materias diversas e completas que se gozan nunha visualización electrónica cómoda e grata.

      

Unha vez dentro da Biblioteca é necesario crear unha conta persoal para poder ler os libros.

Comprobe que accedeu a través da dirección correcta (dende reBUSCa):

Tirant

Vaia a Inicio – Cuenta personal

Tirant

 

Faga clic en onde se indica para crear unha conta persoal

Tirant

 

 

 

 

Tirant Online é a base de datos xurídica da Editorial Tirant.

​Contén as normas vixentes do ordenamento xurídico internacional, comunitario, estatal, autonómico e local. Inclúe textos das normas, todos eles vixentes, consolidados e integrados nun só documento; os textos poden visualizarse en texto completo en formato HTML ou RTF. A información actualízase a diario.

Para poder acceder sen utilizar o Proxy, seguir esta ligazón

 

 
 

Contén índices e resumos de revistas, xornais e monografías na área da docencia. Abarca temas como avaliación, educación continua, investigación pedagóxica, desenvolvemento do currículum ou Métodos para a Ensinanza.

 
 
LENDA DAS ICONAS
Ampliar información
Acceso restrinxido á USC
Recurso de acceso aberto
Precisa identificación (Clic na icona, no listado)
Acceso remoto por Proxy (só PDI e PAS)
Acceso remoto por EZproxy BUSC (todos os membros da USC)
 

Novo recurso
En proba / Recurso temporal

Acceso a través do SIR
Acceso á través do SIR
Video axuda acceso SIR
Acceso á guía – axuda