Recursos

O Centro de Estudos e Documentación Europeos da USC a través do proxecto piloto no que participa con outras universidades europeas,  pricipalmente coa de Cardiff, ofrece á comunidade universitaria  da USC acceso gratuíto ao repositorio European Sources on Line (ESO),  unha fonte principal e cualificada de recursos europeos (documentos, bibliografía, revistas, informes, etc.).

Ao tratarse dun proxecto piloto para enriquecer o repositorio con recursos europeos xerados desde España e desde Galicia, o CEDE solicita:

  • Que os membros da Comunidade Universitaria, Investigadores, PAS , Alumnos e PDI que utilicen ESO se poñan en contacto co CEDE (cede@usc.es) para calquera dúbica ou suxestión de mellora do repositorio
  • Que aqueles investigadores que publiquen asuntos de interese europeo en formatos compatibles coa difusión a texto completo dos seus traballos, se poñan en contacto con CEDE (cede@usc.es) para  analizar a posibilidade de que os ditos traballos sexan indexados neste repositorio aos efectos de acadar maior visibilidade (cuestión que debe ser estudada individualmente co persoal do CEDE que xestiona este proxecto piloto)
 
 

Índice biográfico internacional que baleira mais de 6000 fontes biográficas que recollen personaxes de todas as épocas, ámbitos e nacionalidades. De cada figura se proporciona unha información mínima (datas e lugar de nacemento e morte, e ámbito profesional) e a lista de obras onde aparece a súa biografía.

A base de datos in progress substitúe (aínda non completamente) a edición impresa (147 vol.) e a edición CD-rom, ambas existentes na Biblioteca Xeral.

 
 

O  portal ÍnDICEs-CSIC é a nova plataforma de consulta para acceder aos contidos que antes se presentaban como Bases de datos Bibliográficas do CSIC: ICYT, IME e ISOC.

O novo portal  incorpora melloras nas opcions de consulta, como os múltiples filtros sobre os resultados obtidos, e nas opcions de exportación.

 
 
  

Base de datos referencial dos libros editados en España dende 1972, ano no que España se uniu ao sistema ISBN. Está xestionada pola Agencia Española do ISBN. Os datos os proporciona o propio editor ao tramitar e remitir á Axencia o impreso de solicitude do ISBN.

Contén as referencias das publicacións monográficas editadas en España que levan ISBN, tanto dispoñibles como agotadas, editadas en distintas linguas e diferentes soportes. É unha base de datos viva que diariamente incorpora novos rexistros.

 
 

Base de datos especializada en biblioteconomía, clasificación, catalogación, bibliometría, busca de información, xestión da información, etc.

​Da acceso a máis de 600 revistas, ademais de libros, informes de investigación e actas de congresos dende 1960.

 
 

Base de datos biográfica que proporciona unha información breve de persoas, familias e grupos, de todos os países e rexións, dende o 4º milenio a.C. ata a actualidade. Cada artigo remite as obras de referencia dixitalizadas nos Archivos Biográficos de KG Saur.

EZ: https://wbis.degruyter.com/index

http://db.saur.de/WBIS/autologin?user=unisantiago

wbis.degruyter.com

 
LENDA DAS ICONAS
Ampliar información
Acceso restrinxido á USC
Recurso de acceso aberto
Precisa identificación (Clic na icona, no listado)
Acceso remoto por EZproxy BUSC (todos os membros da USC)
 

Novo recurso
En proba / Recurso temporal

Acceso a través do SIR
Acceso á través do SIR
Video axuda acceso SIR
Acceso á guía – axuda