Recursos

Business Source Premier é unha base de datos a texto completo sobre xestión, economía, finanzas, contabilidade e negocios.

 

 
 

Páxina web habilitada polo Ministerio de Universidades para o apoio da formación en liña.

CONECTAD@S

Recolle recursos da UOC e a UNED e os seus obxectivos son:

  1. Ofrecer un amplo abano de recursos de orientación e formación para o profesorado sobre metodoloxía de formación en liña, útil para o deseño e desenvolvemento de cursos en liña.
  2. Poñer á disposición de investigadores, docentes e estudantes un completo repertorio de materiais dixitais e contidos en aberto de distintas áreas de coñecemento.
  3. Recoller unha serie de conferencias, consellos, materiais de divulgación e atención personalizada para o coidado psicolóxico de quen o requira.
 
 
   

Base de datos no campo da educación do U.S. Department of Education, Educational Resources Information Center que se actualiza mensualmente.

Contén información, gran parte a texto completo, extraída de revistas, conferencias, documentos gobernamentais, teses, informes, medios audiovisuais, bibliografías, directorios, e libros.

​Abrangue un amplo campo de materias: educación superior, educación elemental, idiomas, recursos de información, lectura, educación rural, matemáticas, ciencias do medio natural, estudos sociais, educación do profesorado, test ou educación urbana.

 
 

O Centro de Estudos e Documentación Europeos da USC a través do proxecto piloto no que participa con outras universidades europeas,  pricipalmente coa de Cardiff, ofrece á comunidade universitaria  da USC acceso gratuíto ao repositorio European Sources on Line (ESO),  unha fonte principal e cualificada de recursos europeos (documentos, bibliografía, revistas, informes, etc.).

Ao tratarse dun proxecto piloto para enriquecer o repositorio con recursos europeos xerados desde España e desde Galicia, o CEDE solicita:

  • Que os membros da Comunidade Universitaria, Investigadores, PAS , Alumnos e PDI que utilicen ESO se poñan en contacto co CEDE (cede@usc.es) para calquera dúbica ou suxestión de mellora do repositorio
  • Que aqueles investigadores que publiquen asuntos de interese europeo en formatos compatibles coa difusión a texto completo dos seus traballos, se poñan en contacto con CEDE (cede@usc.es) para  analizar a posibilidade de que os ditos traballos sexan indexados neste repositorio aos efectos de acadar maior visibilidade (cuestión que debe ser estudada individualmente co persoal do CEDE que xestiona este proxecto piloto)
 
 

Servicio de acceso en liña ao texto completo de 250 libros publicados pola editorial Graó, empresa especializada en temas de educación, procesos de ensino e aprendizaxe, formación continua do profesorado, psicoloxía da educación ou e, en xeral, na produción de materiais de interese para profesionais e institucións do ámbito da educación.

 
 

Contén índices e resumos de revistas, xornais e monografías na área da docencia. Abarca temas como avaliación, educación continua, investigación pedagóxica, desenvolvemento do currículum ou Métodos para a Ensinanza.

 
 
LENDA DAS ICONAS
Ampliar información
Acceso restrinxido á USC
Recurso de acceso aberto
Precisa identificación (Clic na icona, no listado)
Acceso remoto por EZproxy BUSC (todos os membros da USC)
 

Novo recurso
En proba / Recurso temporal

Acceso a través do SIR
Acceso á través do SIR
Video axuda acceso SIR
Acceso á guía – axuda