Recursos
- Agricultura - Forestal
- Arte
- Biblioteconomía
- Bioloxía
- Dereito
- Documentación
- Economía e Empresa
- Educación e Ensino
- Enxeñaría e Tecnoloxía
- Estatística
- Estudos clásicos
- Farmacia
- Filosofía
- Física
- Galicia
- Historia
- Índices de impacto
- Informática
- Lingua e Literatura
- Matemáticas
- Medicina e Enfermaría
- Medio ambiente
- Multidisciplinar
- Política e Socioloxía
- Prensa
- Psicoloxía
- Química
- Todas
O Banco de Datos ASP/JDS é un repertorio de datos estatísticos, enquisas sobre temas sociolóxicos, informes sobre as sondaxes mensuais da opinión pública española e estudos e investigacións monográficas, avaladas polo seu prestixio e calidade. Abrangue as seguintes coleccións con cobertura dende 1990:
- Los Estudios de Valores
- Colección Inmigrantes
- Latinobarómetro
- Sondeo ‘La Opinión Pública de los Españoles’ (ASEP, España)
- Afrobarómetro
- CIRES (Centro de Investigaciones de la Realidad Social)
- Barómetro de Asia Oriental
- Centro de Estudios de la Realidad Contemporánea (CERC)
- Estudio Comparado de Sistemas Electorales (CSES)
- Globalbarómetro
- Barómetro del Real Instituto Elcano
- International Social Survey Program (ISSP)
Business Source Premier é unha base de datos a texto completo sobre xestión, economía, finanzas, contabilidade e negocios.
Communication & Mass Media Complete (CMMC) ofrece o texto completo, indexación e resumos de revistas que cubren a comunicación, os Mass Media, a lingüística, o discurso, a retórica, a sociolingüística, a teoría da comunicación, a linguaxe, a lóxica, a comunicación organizacional e outros campos relacionados.
Base de datos no campo da educación do U.S. Department of Education, Educational Resources Information Center que se actualiza mensualmente.
Contén información, gran parte a texto completo, extraída de revistas, conferencias, documentos gobernamentais, teses, informes, medios audiovisuais, bibliografías, directorios, e libros.
Abrangue un amplo campo de materias: educación superior, educación elemental, idiomas, recursos de información, lectura, educación rural, matemáticas, ciencias do medio natural, estudos sociais, educación do profesorado, test ou educación urbana.
O Centro de Estudos e Documentación Europeos da USC a través do proxecto piloto no que participa con outras universidades europeas, pricipalmente coa de Cardiff, ofrece á comunidade universitaria da USC acceso gratuíto ao repositorio European Sources on Line (ESO), unha fonte principal e cualificada de recursos europeos (documentos, bibliografía, revistas, informes, etc.).
Ao tratarse dun proxecto piloto para enriquecer o repositorio con recursos europeos xerados desde España e desde Galicia, o CEDE solicita:
- Que os membros da Comunidade Universitaria, Investigadores, PAS , Alumnos e PDI que utilicen ESO se poñan en contacto co CEDE (cede@usc.es) para calquera dúbica ou suxestión de mellora do repositorio
- Que aqueles investigadores que publiquen asuntos de interese europeo en formatos compatibles coa difusión a texto completo dos seus traballos, se poñan en contacto con CEDE (cede@usc.es) para analizar a posibilidade de que os ditos traballos sexan indexados neste repositorio aos efectos de acadar maior visibilidade (cuestión que debe ser estudada individualmente co persoal do CEDE que xestiona este proxecto piloto)
Journal Storage Project (JSTOR), é un proxecto de dixitalización de publicacions periódicas con fins académicos. Esta base de datos ten como obxetivo facilitar o acceso á información restrospectiva polo que no inclúe os últimos números das revistas. Na maior parte dos casos podemos acceder aos textos completos dende os primeiros números ata os publicados entre 2 e 5 anos atrás.
Base de datos a texto completo de publicacións de negocios de ámbito rexional. Inclúe xornais e información publicada en Internet, que abarca todas as áreas metropolitanas e rurais de Estados Unidos. Actualízase diariamente.
A Biblioteca Virtual Tirant é unha plataforma dixital desde a que se pode acceder a todos libros publicados pola editorial Tirant lo Blanch en formato electrónico. É unha biblioteca en continua actualización, á que se incorporan automaticamente todas as novidades que se van producindo, un produto que recolle as mellores obras de Ciencia Xurídica e Dereito, así como outras canles especializadas en Humanidades e Ciencias Sociais entre outras.
O usuario deste servizo accede a unha biblioteca de máis de cinco mil trescentos títulos totalmente actualizados e en permanente crecemento. Sistemas de procura por títulos, autores, coleccións, materias diversas e completas que se gozan nunha visualización electrónica cómoda e grata.
Contén índices e resumos de revistas, xornais e monografías na área da docencia. Abarca temas como avaliación, educación continua, investigación pedagóxica, desenvolvemento do currículum ou Métodos para a Ensinanza.
World Press Trends, Base de datos sobre a industria da prensa en todo o mundo. Inclúe datos de máis de 70 países, que se recompilan a través de xornais nacionais, asociacións de medios de comunicación e proveedores de datos globais.
Proporciona informes sobre países individuais, tendencias na circulación e os lectores, ingresos publicitarios, publicación digital e moito máis.
Os usuarios poden xerar informes personalizados e descargalos como arquivos de Excel.
