SciFinder® – Novas condicións temporais de acceso

Con motivo da crise provocada polo COVID-19, CAS modifica as súas condicións de acceso ao SciFinder® ata o 15 de xuño de 2020.

Os usuarios poden acceder sen necesidade de utilizar o proxy ou VPN pero deben identificarse co seu nome de usuario e contrasinal do SciFinder®.

O rexistro de novos usuarios, sen embargo, debe facerse, coma sempre, dende o dominio da USC ou utilizando o proxy

Share on facebook
Share on twitter