Dialnet – USC

Dialnet ofrece unha páxina personalizada para as institucións colaboradoras, favorecendo así a visibilidade e accesibilidade aos contidos desas institucións. Nela agrúpase nun único lugar toda a produción científica da USC que foi incorporada a Dialnet. Así se nos mostran: O buscador de autor co directorio dos autores da Universidade e as súas obras e coa […]

NNNConsult

Ferramenta orientada a profesores, alumnos e profesionais de enfermaría que permite o uso das taxonomías enfermeiras NANDA, NOC e NIC para a súa consulta e creación de plans de coidados. Subscrita a partir do 1 de outubro de 2020 https://www.nnnconsult.com/

ClinicalKey Student – Elsevier

Plataforma con información da área das ciencias da saúde especialmente dirixida aos estudantes para a súa aprendizaxe. En total suman 150 monografías recomendadas en español, miles de imaxes e máis de 100 vídeos especializados. Inclúe tamén test e autoexames. Subscrita a partir do 1 de outubro de 2020

Biblioteca virtual E-Excellence

Biblioteca de Humanidades Liceus Biblioteca virtual E-Excellence, proporciona acceso a publicacións e artigos no eido das humanidades. Unha vez seleccionado o artigo, o usuario pode recibilo no seu correo electrónico. Para elo, ao finalizar a compra, debe introducir o seu enderezo electrónico, que ten que ser unha extensión da Universidade de Santiago (usc.es) e, na caixa de […]

Zentralblatt Math

Zentralblatt Math é unha base de datos de abstracts e revisións de publicacións científicas en matemáticas puras e aplicadas. As entradas están clasificadas de acordo ao Mathematics Subject Classification Scheme. A base de datos inclúe as seguintes áreas: Matemáticas puras (alxebra, lóxica, topoloxía, xeometría, análese) , probabilidade, estatística, física matemática, mecánica clásica, mecánica de fluídos, […]

WOS – Web of Science

Recolle as principais publicacións de literatura académica nas areas das ciencias, ciencias sociais, artes e humanidades. Inclúe actas de congresos, informes, workshops, etc. e o InCites, Journal Citation Reports e Essential Science Indicators.

World Press Trends

World Press Trends, Base de datos sobre a industria da prensa en todo o mundo. Inclúe datos de máis de 70 países, que se recompilan a través de xornais nacionais, asociacións de medios de comunicación e proveedores de datos globais. Proporciona informes sobre países individuais, tendencias na circulación e os lectores, ingresos publicitarios, publicación digital e moito […]

World Biographical Information System Online (WBIS)

Base de datos biográfica que proporciona unha información breve de persoas, familias e grupos, de todos os países e rexións, dende o 4º milenio a.C. ata a actualidade. Cada artigo remite as obras de referencia dixitalizadas nos Archivos Biográficos de KG Saur.

Ulrichsweb – Global Serials Directory

Ulrichsweb é a principal fonte de información sobre publicacións periódicas. Contén información detallada de máis de 300.000 publicacións de todo tipo (prensa, revistas, anuarios, publicacións académicas, revistas electrónicas,…) e de todas as areas temáticas. A versión web proporciona enlaces a tablas de contido, resúmes de artígos, e permite localizar onde está indizado un título.