VitalSource Bookshelf

Plataforma que da acceso a libros electrónicos de distintas temáticas. Permite a consulta en liña e offline de libros de texto de diversas editoriais académicas. Require de rexistro a primeira vez que se accede.

ProView

Colección de monografías xurídicas. Obras moi demandadas que pasan a formar parte do catálogo con dereito a perpetuidade. 65 libros electrónicos que permiten un acceso simultáneo ilimitado e unha lectura libre de DRM.

Elsevier

Para facilitar o proceso de avaliación de títulos a seleccionar, o as universidades do CISUG desfrutaran ata o 15 de decembro de 2021 do acceso a máis de 7.600 monografías multidisciplinares: Bioquímica, Xenética e Bioloxía Molecular (entre 2016 e 2021) – 303 títulos Ciencia de Materiais (entre 2016 e 2021) – 789 títulos Ciencia e […]

De Gruyter

Para facilitar o proceso de avaliación de títulos a seleccionar, o as universidades do CISUG desfrutaran ata o 9 de novembro de 2021 do acceso a máis de 93.800 monografías das seguintes coleccións multidisciplinares: Arquitectura e Deseño – 2.382 títulos Artes – 1.885 títulos Biblioteca e ciencias da información, estudos do libro – 1.433 títulos […]

Wiley

Para facilitar o proceso de avaliación de títulos a seleccionar, o as universidades do CISUG desfrutaran ata o 4 de novembro de 2021 do acceso a máis de 23.000 monografías multidisciplinares: Agricultura, Acuicultura e Ciencia dos Alimentos Arquitectura e Planificación Arte e Artes Aplicadas Empresa, economía, finanzas e contabilidade Química Informática e Tecnoloxía da Información […]

Springer Books

Para facilitar o proceso de avaliación de títulos a seleccionar, as universidades do CISUG desfrutaran ata o 15 de decembro de 2021 do acceso a case 39.800 monografías das seguintes coleccións e anos de copyright que se poden atopar na web de Springer seguindo os enlaces: Ciencia da Terra e do Medio Ambiente (entre 2017 […]

Tirant Biblioteca Virtual

A Biblioteca Virtual Tirant é unha plataforma dixital desde a que se pode acceder a todos libros publicados pola editorial Tirant lo Blanch en formato electrónico. É unha biblioteca en continua actualización, á que se incorporan automaticamente todas as novidades que se van producindo, un produto que recolle as mellores obras de Ciencia Xurídica e […]

INGeBOOK

IngeBook é unha plataforma de acceso e lectura dixital de libros de texto e manuais universitarios a texto completo en español de diversas materias. Con funcionalidades de interactividade e colaboración, a plataforma permite crear e compartir notas, subliñar, tachar e crear citas no texto dos libros. Estas opcións só están dispoñibles para usuarios rexistrados en INGeBOOK. 

Elsevier eLibrary

Plataforma en liña deseñada para facilitar o acceso a monografías das ciencias da saúde. Permite a subscrición libro a libro. Subscrita a partir do 1 de outubro de 2020