Web BUSC

Volvemos a informar dende o web da BUSC

Unha vez recuperada a presencialidade nas bibliotecas, a BUSC volve a informar e prestar os seus servizos dende o seu web oficial

https://www.usc.es/gl/servizos/biblioteca/

Estamos preparando o peche, esperamos que definitivo, de A BUSC en liña como principal medio informativo durante a crise da COVID-19.

A partir do luns, 29 de xuño 2020, neste espazo web só permanecerá reBUSCa, como recompilación e punto de acceso aos recursos electrónicos (bases de datos, revistas e libros electrónicos, etc.) e ás guías e titoriais en liña.

COMPARTIR

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on pinterest
Share on whatsapp
Share on print